Etiqueta: audiovisual

A TVG estrea esta noite a premiada comedia ‘Eroski Paraíso’, producida por OlloVivo e Chévere

A Televisión de Galicia estrea esta noite ás 22.30h a longametraxe galega ‘Eroski Paraíso’, unha comedia dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, producida por OlloVivo e Chévere. ‘Eroski Paraíso’ naceu coma unha obra de teatro creada pola compañía Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014, que, despois dunha xira de …

‘O que arde’ vence nos XVIII Mestre Mateo con seis galardóns, entre eles Mellor Longametraxe e Mellor Dirección para Oliver Laxe

A terceira longametraxe de Oliver Laxe O que arde, venceu en seis das doce categorías nas que optaba a premio: obtivo os premios de Mellor Longametraxe -Miramemira, 4A4, Kowalski Films e Tarántula- e Mellor Dirección para Oliver Laxe. Os académicos e académicas tamén recoñeceron a dirección de arte de Samuel …

A Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) inaugurou onte a XXVI Edición dos Premios de Fotografía Profesional LUX na súa SALA EXPO

A inauguración da Exposición Fotográfica dos prestixiosos Premios LUX, ademais de con representantes da Escola de Imaxe e Son, contou en directo, con conexión desde Barcelona, coa participación de Eva Casado e José Ornia, Presidenta e Vicepresidente da Asociación de Fotógrafos Profesionais de España ( AFP) entidade organizadora deste evento …

A preestrea da serie ‘Auga Seca’, producida por Portocabo, terá lugar esta noite en Vigo

Hoxe terá lugar, na sede de Afundación en Vigo, a preestrea da nova serie galego-portuguesa ‘Auga seca’. Esta serie está coproducida pola empresa galega Portocabo e a portuguesa SP-i para a TVG e a Rádio e Televisão de Portugal (RTP). ‘Auga Seca’ é un ‘thriller’ de seis capítulos, de 50 …

O filme ‘O que arde’, producido por Miramemira, galardoado con dous Premios GOYA

A película ‘O que arde’ acadou na noite do sábado dous novos recoñecementos que se suman á longa lista de premios que leva recollido a nova fita do director Óliver Laxe. O primeiro dos Goya foi para Benedicta Sánchez na categoría de Mellor actriz revelación e o segundo dos premios …

A serie ‘Hierro’ producida por Portocabo galardoada con dous Premios Feroz

A serie ‘Hierro’, coprodución entre Portocabo, Movistar+, Atlantique Productions e ARTE France acada dous Premios Feroz, nas categorías de Mellor Serie dramática e Mellor Actriz Protagonista dunha serie para Candela Peña. A gala de entrega dos galardóns tivo lugar na noite de onte, xoves 16, en Madrid. Os premios Feroz …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies