O Chanfaina Lab de San Sadurniño cumpre unha década

O Chanfaina Lab de San Sadurniño cumpre unha década

O Chanfaina Lab de San Sadurniño cumpre unha década

O pasado sábado 7 de marzo a Casa da Cultura de San Sadurniño colleu, unha vez máis, a gala de estrea de curtametraxes do encontro de cineastas Chanfaina Lab. Mais esta vez foi especial xa que o evento coordinado por Manolo García e Carmen Suárez cumpriu unha década. As cineastas participantes nesta 10ª edición presentaron, ante un auditorio cheo, as curtametraxes que filmaron en setembro na vila.

Imaxe de César Galdo

Unha gala conducida polos actores Isabel Blanco e Kevin Lorenzo, na que se reivindicou a importancia e compromiso do Chanfaina Lab ao longo dos anos. Fíxose ademais entrega do Premio Bernardino de Lamas ao cineasta da natureza José Roberto Fernández López, así como unha homenaxe aos promotores do evento.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies