‘Decorado’ e ‘O corpo de Cristo’, de Abano Produccións, nominadas aos Premios Quirino da Animación Iberoamericana

Os Premios Quirino da Animación Iberoamericana veñen de publicar a súa listaxe de nominadas, entre as que se atopan dúas producións galegas asinadas pola nosa asociada de AGAPI, Abano Producións. ‘Decorado’, película de Alberto Vázquez, acumula dúas nomacións: Mellor Longametraxe de Animación Iberoamericana e Mellor Deseño de Son e Música Orixinal de Obra de Animación Iberoamericana. Mentres que ‘O corpo de Cristo’, curtametraxe da directora Bea Lema, compite polo Premio Quirino ao Mellor Desenvolvemento Visual de Obra de Animación Iberoamericana.

Un total de 27 obras con participación de sete países competirán nesta novena edición dos premios, cuxos gañadores daranse a coñecer o 17 de abril nunha cerimonia en Santa Cruz de Tenerife, España.

Imaxe de prensa dos Premios Quirino

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies