A MICE inicia a súa 21ª edición baixo a dirección de Coral Piñeiro e Fran Rodríguez (Sombriza Films)

Santiago de Compostela acollerá do 10 ao 15 de marzo á 21ª edición da MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, esta vez baixo unha nova dirección artística. Ana Estévez abandona o festival tras dúas décadas de traballo, deixando o testigo a Coral Piñeiro e Fran Rodríguez, da nosa produtora asociada Sombriza Films. A parella de codirectores, vinculada coa MICE desde fai anos a través do seu colectivo Memoria e Cinema, aseguraron na presentación do evento a súa vontade de “manter o legado cunha nova visión” conservando aspectos claves e identificativos da mostra, como a súa visión feminista.
A programación desenvolverase entre o Museo das Peregrinacións, o Teatro Principal, Numax e a Fundación Eugenio Granell. Destacando nomes como Ivan Castiñeiras, Bea Lema ou Maddi Barber, á que se adica a retrospectiva deste ano. https://mice.museodopobo.gal/es/