Tres obras de produtoras asociadas de AGAPI recoñecidas na Xuntanza de Finalistas dos Premios Mestre Mateo 2026

Tres obras de produtoras asociadas de AGAPI recoñecidas na Xuntanza de Finalistas dos Premios Mestre Mateo 2026

Tres obras de produtoras asociadas de AGAPI recoñecidas na Xuntanza de Finalistas dos Premios Mestre Mateo 2026

O pasado venres 6 de marzo a Academia Galega do Audiovisual organizou a Xuntanza de Finalistas dos Premios Mestre Mateo 2026 no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Onde tres obras de produtoras asociadas de AGAPI foron recoñecidas.

Imaxe de Aigi Boga

Premio ABANCA ao impulso da sostibilidade á serie ‘Bibopalula‘ (Undodez). «Por integrar de forma coherente, creativa e responsable os valores da sostibilidade tanto na súa proposta narrativa como na súa vocación pedagóxica.». 

Imaxe de Aigi Boga

Premio Deleite á promoción da lingua foi para a serie web ‘Pipo‘, recoñecendo o seu labor na creación de contidos audiovisuais que achegan o galego ás novas xeracións dun xeito natural, creativo e próximo.

Imaxe de Aigi Boga

Premio Martín Códax Rías Baixas, Fillo do Atlántico foi para o filme As liñas descontinuas «pola súa sensibilidade e capacidade para converterse en embaixadora do espírito das Rías Baixas trazando un relato que proxecta unha imaxe auténtica e contemporánea de Galicia, na que a música ocupa un lugar esencial, reforzando o vínculo entre cultura, mocidade e creación». 

Imaxe de Aigi Boga

A gala dos XXIV Premios Mestre Mateo celebrarase o vindeiro 21 de marzo en Lugo, no Auditorio Fuxan os Ventos, e recoñecerá o talento das producións galegas máis salientables do último ano.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies