Cinco nominacións no 47º Celtic Media Festival para produtoras asociadas de AGAPI
O Celtic Media Festival, que promove a cultura e a lingua dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación, celebra a súa 47ª edición con varios títulos de produtoras asociadas de AGAPI entre as súas nominacións.

Na categoría CHILDREN’S PROGRAMME (SCREEN) competirán dous títulos da produtora Undodez. As series de animación infantís ‘Bibopalula’ e ‘Pipo’, amplamente recoñecidas desde o inicio da súa emisión.
A película +Cuñados, producida por Portocabo, segue o seu infinito percorrido por certames e salas competindo na categoría COMEDY (SCREEN) do Celtic Media Festival.
No espazo adiaco a DRAMA SERIES (SCREEN) é candidata a serie dramática de ficción ‘LUME’, producida por Treboa.
Finalmenteme a serie de natureza ‘Incalculabe’ de Tamboura Films, competirá na categoría FACTUAL ENTERTAINMENT (SCREEN).
O prestixioso certame, de carácter rotatorio, terá lugar en xuño de 2026 na cidade de Belfast. Un espazo clave para impulsar a proXección internacional da producción audiovisual galega.