‘Decorado’ e ‘One Way Cycle’: dous títulos de Abano Producións na Sección Oficial de Monstra, Festival de Animación de Lisboa

Do 12 ao 22 de marzo celebrarase a 25ª edición de Monstra, Festival de Animación de Lisboa. Un certame de referencia que contará na súa Sección Oficial con dous títulos da nosa produtora asociada Abano Producións: ‘Decorado’ e ‘One Way Cycle’

Imaxe de RTVE

‘Decorado’ suma múltiples seleccións en festivais e galardóns á súa traxectoria. O máis recente, o Premio Goya a Mellor Película de Animación. A película do director galego Alberto Vázquez conquistou xa ao público de medio mundo, cunha proposta arriscada e innovadora sobre a concepción da vida cotiá e as súas dificultades.

A curtametraxe ‘One Way Cycle’ conta tamén cunha tremenda traxectoria na que destaca o Premio Carmen a Mellor Curtametraxe de Animación que lle concedeu, fai un par de semanas, a Academia do Cine Andaluz. A obra de Alicia Nuñez Puerto é unha historia de migración, cambio e corporalidade, na que a forte dor da menstruación atravesa e protagoniza o relato.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies