‘Sirat’ (Filmes da Ermida), ‘Ciudad sin sueño’ (Sintagma Films) e ‘Decorado’ (Abano Producións) triunfan nos 40º Premios Goya

‘Sirat’ (Filmes da Ermida), ‘Ciudad sin sueño’ (Sintagma Films) e ‘Decorado’ (Abano Producións) triunfan nos 40º Premios Goya

‘Sirat’ (Filmes da Ermida), ‘Ciudad sin sueño’ (Sintagma Films) e ‘Decorado’ (Abano Producións) triunfan nos 40º Premios Goya

O pasado sábado 28 de febreiro de 2026 celebráronse en Barcelona os 40º Premios Goya, organizados pola Academia de Cine Española. Evento no que ‘Sirat’ (Filmes da Ermida), ‘Ciudad sin sueño’ (Sintagma Films) e ‘Decorado’ (Abano Producións), pertencentes a produtoras asociadas de AGAPI foron amplamente recoñecidas.

O trance no deserto de Oliver Laxe, ‘Sirat’, alzouse con 6 Premios Goya que recoñeceron especialmente o traballo técnico do filme: Mellor Música Orixinal, Mellor Dirección de Produción, Mellor Dirección de Fotografía, Mellor Montaxe, Mellor Dirección de Arte e Mellor Son.

Imaxe de Quique García, EFE.

Por outra banda, a Academia recoñeceu o grande traballo de Toni Fernández Gabarre concedéndolle o Goya a Mellor Actor Revelación pola súa interpretación en ‘Ciudad sin sueño’. O retrato da vida da Cañada Real de Guillermo Galoe.

Imaxe de Lluis Gené

Finalmente, ‘Decorado’ do director galego Alberto Vázquez, levou a casa o Goya a Mellor Película de Animación. Un recoñecemento máis para a animación galega, sempre favorita nestes premios.

Imaxe de Lorena Sopena.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies