Categoría: Formación

Agapi organiza en colaboración co Concello de Pontevedra e os Premios Feroz unha mesa de debate sobre as mulleres na produción

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza en colaboración co Concello de Pontevedra e os Premios Feroz para falar sobre a visión das directoras e produtoras no escenario actual. Baixo o título ‘Mulleres que contan’, Chelo Loureiro de Abano Producións, Sonia Méndez de Cósmica e Sara Horta de Indígena Films …

Simposio Internacional “LexCAV: as linguas minorizadas no audiovisual a dous anos da aprobación da Lei 13/2022”

Os días 8 e 9 de outubro celebrarase no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación o Simposio Internacional “LexCAV: as linguas minorizadas no audiovisual a dous anos da aprobación da Lei 13/2022” Parte integrante do proxecto homónimo financiado pola Axencia Estatal de Investigación (PID2022-142353OB-I00), este Simposio Internacional valorará o …

A Deputación de Ourense e AGAPI organizan un roteiro de mulleres produtoras executivas pola provincia de Ourense que arrinca hoxe

A Deputación de Ourense e AGAPI organizan un roteiro ‘Elas, produtoras executivas’. Unha iniciativa para o empoderamento feminino’, que percorrerá diversos centros de ensino secundario da provincia. O roteiro está dirixido ao alumnado de 4º da ESO por ser o curso inmediatamente anterior ao Bacharelato, etapa crucial na selección e …

Taller de protocolos de consentimento dende o rol de coordinación de intimidade con Andrea Isasi

A AAAG organiza un Taller de protocolos de consentimento dende o rol de coordinación de intimidade. Hoxe por hoxe converteuse nunha necesidade fundamental introducir nas escolas de ensinanzas artísticas a conciencia e as ferramentas de autocoidado individual e grupal que nos brindan os procesos de protocolos de consentimento. A súa …

O ‘I+P, Ideas para Producir’ abre a convocatoria de proxectos para a súa edición do 2024

A 18ª edición do pitching ‘I+P, Ideas para Producir‘ abre a súa convocatoria para inscribir proxectos de cine e televisión. O evento, que supón unha excelente oportunidade para a venda, financiación, distribución e coprodución de contidos audiovisuais, celebrarase na Coruña os días 28 e 29 de novembro de 2024. O “I+P, Ideas para Producir” está organizado …

Mesa: O audiovisual galego: industria audiovisual?

O vindeiro venres 28 terá lugar a mesa de debate ‘O audiovisual galego, industria audiovisual?’, dentro da programación do CeMAC. A Fundación Carlos Casares organiza entre o 24 e o 28 de xuño a vixésima edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), dentro da oferta formativa de Extensión …

O curso de medios de Celanova cumpre 20 anos formando a máis de 1.000 persoas no audiovisual galego

A Fundación Carlos Casares organiza entre o 24 e o 28 de xuño a vixésima edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), dentro da oferta formativa de Extensión Universitaria da UVigo. Neste sentido, a entidade leva dende o ano 2004 levando cada verán á vila ourensá, berce de …

Formación nas tres universidades galegas para celebrar os 30 anos de Agapi

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) …