Categoría: Formación

A Academia de Televisión organiza un almorzo informativo sobre ficción en Santiago de Compostela

A Academia de Televisión e das Ciencias e as Artes do Audiovisual en colaboración co Ministerio de Cultura organizan un encontro sobre ‘A ficción como motor da industria cultural’ en Santiago de Compostela. A cita será o día 11 de marzo ás 11h no Hotel Araguaney. A asistencia a este …

Encontro na USC: ‘Mulleres xornalistas, unha carreira de obstáculos’

A Asociación de oprnalistas de Santiago organiza un encontro de mulleres xornalistas para conmemorar o Día da Muller. A cita será o 7 de marzo ás 11.30h na Facultade de Ciencias da Comunicación celebraremos o ‘Encontro: Mulleres xornalistas, unha carreira de obstáculos’, con motivo da conmemoración do Día da Muller.’.

17 de marzo na Filmoteca-Galicia ProFilme: encontro con José Luis Cienfuegos

A Axencia Galega das Industrias Culturais retoma o programa formativo Galicia ProFilme coa posta en marcha dos Luns na Filmoteca, un novo ciclo de sesións nas que se abordarán os diferentes aspectos a ter en conta no lanzamento, difusión e distribución dunha película cinematográfica. Estas xornadas arrancan o vindeiro 17 de …

Webinar: ‘A importancia da script durante os procesos de rodaxe’

No último dos webinars orzanizados dentro da III edición do programa de asesoramento Agapi Impulsa Copros abordaremos con Alba Gallego o achegamento ao traballo dunha script nos procesos de rodaxe. Nesta formación tratarase a importancia do proceso de preprodución: desgloses, desenvolvemento cronolóxico, cronograma, obxectivos de cada secuencia e revisión do …

Webinar “A Intelixencia Artificial no Audiovisual”

O uso da Intelixencia Artificial no sector audiovisual desperta grande interese pola utilidade das ferramentas que está xenerando ao seu redor, pero ao mesmo tempo provoca desconcerto en canto á protección xurídica do resultado. O Dereito a día de hoxe non ofrece unha solución legal clara, con todo, é consciente …

Webinar: “Dixitalización e Preservación da Documentación Audiovisual: Innovación e Eficiencia”

Neste webinar presentarase VIDEOMA, unha innovadora ferramenta que facilita o almacenamento, organización e recuperación de activos audiovisuais, cunha demostración práctica e respostas en tempo real ás preguntas dos asistentes. Pecharemos cun espazo interactivo para resolver dúbidas e un resumo dos puntos clave, destacando a relevancia de avanzar na dixitalización.

Volve unha nova edición de CONECTA+ que terá lugar o 24 de xaneiro en Pontevedra

CONECTA+ é unha ferramenta para poñer en contacto a creadores/as con proxectos en fase de desenvolvemento con produtoras (tanto galegas como do resto de España e portuguesas) que poidan estar interesadas en levar a cabo eses proxectos. CONECTA+ nace para xerar un espazo de contacto entre guionistas, profesionais da dirección e produción para …

Encontro con Carla Simón, 3 de decembro ás 19h na Filmoteca de Galicia

Close-up: Cine e perspectiva de xénero A MEMORIA E O RELATO Carla Simón, que arrincou a súa traxectoria con Verano 1993 (2017) e obtivo o Oso de Ouro do festival de Berlín coa súa segunda longametraxe, Alcarràs (2022), é a primeira cineasta española en obter un gran premio nun festival de clase A. Conversaremos …

AuGAL. Master Class Audiovisual Galego 2024-2025: inscrición

Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies