Categoría: Actualidade

O filme galego ‘Matria’ (Matriuska Producciones) segue colleitando éxitos dende a súa estrea, superando xa o limiar dos 20.000 espectadores

Para ‘Matria’, a ópera prima do vigués Álvaro Gago, as boas noticias seguen a ser a tónica xeral. O filme producido por Matriuska Producciones, Avalon P.C, Elastica Films, Ringo Media e Felicidad La Película, AIE estreouse o venres 24 de marzo 2023 en 60 cinemas do estado, sendo o primeiro filme galego …

Portocabo producirá a miniserie ‘Garbo’ para Movistar Plus+

Movistar Plus+ e Portocabo, compañía liderada por Alfonso ‘Fosco’ Blanco e participada por Banijay Iberia, confirmaron o seu terceiro proxecto xuntos. Trátase da miniserie de ficción ‘Garbo’, a historia real de Juan Pujol, axente dobre español que foi clave para que os aliados gañasen a II Guerra Mundial. Ambas as …

Ourense acolle esta noite a preestrea galega de ‘Amigos hasta la muerte’, producida por Undodez

O Teatro Principal de Ourense acolle hoxe, martes 28 de marzo, a preestrea galega do filme ‘Amigos hasta la muerte’. O debut de Javier Veiga na dirección dunha longametraxe chega a Galicia logo do seu paso polo Festival de Málaga. A película poderá verse por primeira vez en Galicia na …

Mañá, xoves 23 de marzo, arrinca o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ pola provincia de Pontevedra da man da Deputación

O vindeiro xoves, día 23, comeza o “Roteiro Elas, produtoras executivas” na provincia de Pontevedra. Unha actividade organizada pola Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais (AGAPI), coa colaboración do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra. Esta actividade ten como finalidade potenciar o papel capital que teñen as mulleres na produción …

Volve á TVG a segunda temporada do programa ‘Tupper Club’, producido por M International Audiovisual

A TVG emite este mércores o programa ‘Tupper Club’ (22.45horas), unha exclusiva sociedade gastronómica onde tres celebrities galegas loitan cada semana por facerse co triunfo: O ouro. Neste divertido concurso de cociña de fiambreira os participantes nunca saberán contra quen compiten ata que se vexan as caras no Tupper Club …

‘A Cero.5’, dirixida por Gonzalo Suárez e producida por Agallas Films, estrearase en cines o vindeiro 24 de marzo

‘A Cero.5’ é unha longametraxe documental do director Gonzalo Suárez Garayo sobre a súa experiencia coa discapacidade e o AMFIV, un club de baloncesto en cadeira de rodas. Producida pola empresa galega Agallas Films e a portuguesa Take 2000, Conta coa participación da TVG, RTVG, co apoio de Agadic, Ibermedia …

AGAPI presenta ao comité de selección para a II Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de facer público o comité de selección para a II Edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuito de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión. Este comité, formado por profesionais de recoñecido …

Chega a Semana de Cinema Galego, da man da Academia Galega do Audiovisual

A cuarta edición da Semana do Cinema Galego, unha cita consagrada ao talento máis próximo, exhibirá durante seis días no Teatro Colón nove das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia, do 14 ao 19 de marzo no Teatro Colón da Coruña. Programación completa Hoxe mércores …

Manolo González presenta mañá (mércores 15) ‘Nos días encantados de agosto’, a súa biografía de José Gil, en NUMAX

A libraría NUMAX acollerá o próximo mércores 15 de marzo ás 20h00 a presentación da biografía sobre a figura de José Gil, titulada «Nos días encantados de agosto», editada por Galaxia. O autor estará acompañado no acto pola cineasta Margarita Ledo Andión e o docente e xornalista Manuel Gago. A entrada é libre ata completar aforo.  …

Moitas empresas de AGAPI galardoadas na XXI edición dos Premios Mestre Mateo

A edición máis ourensá dos Premios Mestre Mateo consagrou ‘O corpo aberto’ como Mellor Película. O filme dirixido por Ángeles Huerta e producido por Ollovivo, fíxose con 12 das 16 figuras ás que era candidata. O premio á Mellor Película de animación foi para ‘Unicorn Wars’, dirixida por Alberto Vázquez …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies