‘Furada negra’ (Sétima) de Berio Molina premio ex aequo da sección oficial galega do Festival Play-Doc

‘Furada negra’ (Sétima) de Berio Molina premio ex aequo da sección oficial galega do Festival Play-Doc

‘Furada negra’ (Sétima) de Berio Molina premio ex aequo da sección oficial galega do Festival Play-Doc

O Festival Internacional de Cine Play-Doc pechou o pasado domingo a súa 22º edición que tivo ao cinema galego e portugués como protagonistas. O veredicto dos xurado da sección oficial galega reflexou a calidade das sección, outorgango o premio a mellor filme de xeito ex aequo para os filmes: ‘Furada Negra’ dirixido por Berio Molina e coproducido pola nosa asociada Sétima, e para ‘Crías’ de Xiana do Teixeiro.

Imaxe de Tamara De La Fuente para Play-Doc

“Unha picaraña, unha radial, incluso unha pistola. Estas memorias do inframundo comezan cun son seco, violento, como corresponde a todo acto de subtracción. Un só disparo esboroa en cuestión de segundos calquera sinfonía xeolóxica, os miles de anos necesarios para que as estalactitas e as estalagmitas se formen, centímetro a centímetro, nun sutil proceso de goteo. Do teito ao chan, unha translación milenaria de calcita. Un tour de force, a historia do planeta. Unhas furadas cantan suaviño, pero outras provocan arrepíos. Así, cun tremor na raíz da espiña dorsal, comezan estas memorias do inframundo.”

A curtametraxe de 22′ con guión de Alba Cid, está composta por material de arquivo anterior ao ano 1970 que o Clube Espeleolóxico Maúxo foi recopilando cos anos, de onde se colleron as imaxes e textos que conforman o libro O Tesouro Espeleolóxico Galego. Pero no caso do son non se tiña coñecemento de gravación algunha das covas galegas, e foi por iso que Berio Molina decidiu ir a recoller algunha delas e conformar ‘Furada Negra’.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies