Cinco curtametraxes de produtoras asociadas de AGAPI na sección oficial do Festival de Cans

Cinco curtametraxes de produtoras asociadas de AGAPI na sección oficial do Festival de Cans

Cinco curtametraxes de produtoras asociadas de AGAPI nas seccións oficiais do Festival de Cans

O Festival de Cans inclúe cinco curtametraxes de produtoras asociadas de AGAPI na súa 23ª edición. Na sección oficial de ficción e animación: ‘Cara de cona’ (Sétima) de Guillermo Oliveira; ‘Ante o avesió’ (Artyc Content) de Xaime Miranda; e ‘O corpo de cristo’ (Abano Producións) de Bea Lema. Na sección de non ficción: ‘Escala uno cincuenta mil’ (Rebordelos) de Ángel Suanzes e ‘Furada Negra’ (Sétima) de Berio Molina.

O festival, que terá lugar do 19 ao 23 de maio, acollerá tamén dentro das súas programación paralela a proxección do documental ‘360 curvas’ da nosa produtora asociada Rebordelos. Así como do filme ‘As liñas descontinuas’ da nosa produtora asociada Sétima. Ademais da entrega do Premio de Honor Pedigree 2026 á cineasta Jaione Camborda da nosa asociada Esnatu Zinema. Pola súa imprescindible traxectoria dentro do audiovisual galego e internacional.

Un ano máis, desde AGAPI celebraremos no marco do Festival de Cans o Encontro AGAPI IMPULSA COPROS nos que os participantes da 4ª edición do laboratorio presentaran os avances dos seus proxectos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies