‘Sirat’ (Filmes da Ermida) faise cos Premios Platino do Cine Iberoamericano a mellor dirección de fotografía, efectos especiais e dirección de son

O pasado sábado 9 de maio tivo lugar na Riviera Maya de México a XIII edición dos Premios Platino de Cine Iberoamericano. Un evento que ten como obxectivo recoñecer, promocionar, difundir e achegar a cultura e a cinematografía iberoamerica.

A película do director galego Oliver Laxe, ‘Sirat’, producida pola nosa asociada Filmes da Ermida, fíxose con tres dos galardóns do evento. Que recoñeceron especialmente o valor técnico do filme. ‘Sirat’ recibiu os Premios Platino: á Mellor Dirección de Fotografía para Mauro Herce; Mellores Efectos Especiais, para Pep Claret, e Mellor Dirección de Son, para Amanda Villavieja, Laia Casanovas e Yasmina Praderas. Que tamén foron nominadas ao Premios Óscar por este traballo.

A película continua así o seu percorrido no que suma galardóns, recoñecementos e pases ao longo de todo o mundo.

Imaxe de Carlos Luján para Premios Platino

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies