O proxecto ‘Juliette & Camille’ (Indígena Films) seleccionado no programa de industria de DocsBarcelona Pro
O festival DocsBarcelona, que terá lugar do 9 ao 14 de maio, celebrará un ano máis o seu programa de industria que contará, neste 2026, con 63 proxectos de documentais procedentes de casi máis de 40 países. Entre eles atópase o proxecto en desenvolvemento ‘Juliette & Camille’, de Paloma Zapata, que participará do Artistic Consultancies for Rough Cut Projects. Programa de sesións de 80 minutos que ofrecen un feedback personalizado sobre distintos aspectos da proposta, con especial atención na estrutura narrativa e a montaxe.

Este documental coproducido por La Fábrica Naranja e a nosa produtora asociada Indígena Films, rexistra o proceso de grabación dunha canción das músicas Juliette e Camille. Que durante tres días traballan nun estudo de son no rural de Galicia, onde crean, comparten dúbidas, lembranzas e feridas, convertindo a música nun espazo de conexión, sanación e transformación.