O Festival Play-Doc acollerá catro producións de asociaciadas de AGAPI na súa sección oficial galega

O Festival Play-Doc acollerá catro producións de asociaciadas de AGAPI na súa sección oficial galega

O Festival Play-Doc acollerá catro producións de asociaciadas de AGAPI na súa sección oficial galega

Do 29 de abril ao 3 de maio terá lugar un ano máis na vila de Tui o Festival Internacional de Cine Play-Doc. Que acollerá na súa 22ª edición a proxección de catro producións de asociadas de AGAPI na súa sección oficial galega: ‘Fomos ficando sós’, ‘Despois das cidades’, ‘Furada Negra’ e ‘O corpo de Cristo’.

‘Fomos ficando sós’, ópera prima de Adrián Canoura e producida por Zeitun Films, terá a súa estrea galega no Play-Doc. Un filme documental que percorre a relación do do director galego co seu pai a través dunha viaxes marítima cara o Gran Sol.

Xacio Baño continúa co percorrido coa súa nova longametraxe, ‘Despois das cidades’ (Rebordelos). Unha apaixoante experiencia colectiva, en torno á cidade de Santiago de Compostela a través de cartas, textos, historias e perspectivas.

‘Furada Negra’, a nova curtametraxe de Berio Molina, con coprodución de Sétima, presenta un experimental percorrido espeleolóxico. Unha achega ao patrimonio cultural a través dun destacado tratamento do material de arquivo e do son.

Bea Lema chega a Tui coa súa multipremiada curtametraxe ‘O corpo de Cristo’ da nosa asociada Abano Producións. Un achegamento á saúde mental atravesado pola relixión, fiado cunha sensibilidade extraordinaria.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies