‘Fomos ficando sós’ (Zeitun Films) de Adrián Canoura faise co Premio da Xuventude no Festival Punto de Vista

‘Fomos ficando sós’ (Zeitun Films) de Adrián Canoura faise co Premio da Xuventude no Festival Punto de Vista

‘Fomos ficando sós’ (Zeitun Films) de Adrián Canoura faise co Premio da Xuventude no Festival Punto de Vista

Fomos ficando sós, primeira longametraxe do cineasta lucense Adrián Canoura producida pola nosa asociada Zeitun Films, vén de ser recoñecida co Premio da Xuventude á Mellor Película no Festival Internacional de Cinema Documental de Navarra Punto de Vista.

Imaxe de Punto de Vista

O filme continúa así un destacado percorrido en festivais tras a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam (IDFA) e a súa recente estrea en España no propio Punto de Vista. A próxima parada será o Festival Internacional de Cinema de Tui Play-Doc, onde participará na Competición Galicia e terá a súa estrea en Galicia.

A película constrúe unha travesía emocional entre o propio Canoura e o seu pai a bordo dun barco pesqueiro rumbo ao Gran Sol. A partir desta experiencia compartida, o filme explora o vínculo entre xeracións, a soidade e a memoria, combinando arquivo familiar, formatos dixitais e experimentación plástica nun relato de carácter poético.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies