Estrea mundial de ‘Titanic Ocean’ (Frida Films) na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2026

Estrea mundial de ‘Titanic Ocean’ (Frida Films) na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2026

Estrea mundial de ‘Titanic Ocean’ (Frida Films) na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2026

A película ‘Titanic Ocean’, da directora grega Konstantina Kotzamani, terá a súa estrea mundial na sección Un Certain Regard do 79º Festival de Cannes. Producida pola grega Homemade Films en coprodución con Wunderlust (Alemaña), deFilm (Romanía), Manny Films (Francia), a nosa produtora asociada de AGAPI Frida Films e os estudos xaponeses Happinet Phantom.

Este debut na longametraxe da guionista de ‘Arcadia’ (Yorgos Zois, 2024) ambiéntase no escintilante universo adolescente dun internado especial en Xapón que forma a rapazas para ser sereas profesionais. Alí, Akame, de 17 anos, atopará a súa voz de serea, descubrirá o primeiro amor e experimentará unha metamorfose. O filme conta ademais con Raphaël Vandebussche (‘Rodéo’, ‘Eat the Night’) como director de fotografía.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies