Categoría: Actualidade

Aberto prazo de recepción de obras para o Festival Novos Cinemas

Dende hoxe mesmo xa é posible presentar filmes para participar na Edición 04 de Novos Cinemas – Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 10 e o 15 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez. NOVOS CINEMAS é un festival de cine aberto a …

Matriuska Producciones arrinca en Galicia a rodaxe do filme ¿QUÉ HICIMOS MAL?

Esta semana arrincou en Galicia a rodaxe de ¿QUÉ HICIMOS MAL?, a nova película de Liliana Torres ( Family Tour), producida por Matriuska, Avalon e Miss Wasabi; co apoio de TVE, a Xunta de Galicia e TVG. A película está protagonizada pola propia directora e guionista Liliana Torres, Xulio Abonjo …

Paula Cons finaliza a rodaxe do thriller ‘O Santa Isabel’

A semana pasada finalizou en Portugal a rodaxe de O SANTA ISABEL. A ópera prima de Paula Cons é un thriller sobre a fuxida da dor e sobre as sombras e, practicamente ningunha luz, do heroísmo. Estrearase nas pantallas a comezos do vindeiro ano da man de Filmax. Diferentes localizacións …

Manolo González, un dos grandes impulsores do audiovisual galego, recibirá a mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine

A mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine será para Manolo González, produtor, guionista, docente, investigador de cine e, sen dúbida, un dos principais impulsores do audiovisual galego. A entrega terá lugar o 1 de maio ás 21.00 na gala de inicio do certame, que este ano celebrarase …

Portocabo e a alemana Nadcon suman forzas para desenvolvemento para a serie Weiss & Morales

Portocabo e Nadcon Films pechan un acordo de desenvolvemento, no marco do MIPTV de Cannes, para a coprodución da serie Weiss & Morais. Nadcon Films (Modus, O Gardián Invisible) é unha produtora alemá, liderada por Peter Nadermann (Saga Millenium), con ampla experiencia en coprodución internacional. Liderada por Alfonso Branco, a …

Portocabo pon en marcha a súa nova coprodución internacional, EL CAMINO

A produtora galega Portocabo sigue posicionándose no mercado internacional ao poñer en marcha a súa primeira coprodución entre Francia, Italia e España. A ficción, que levará por nome EL CAMINO, será unha serie transmedia que xirará arredor das historias de tres mulleres moi diversas en culturas, idade e carácter e …

Finalizada a rodaxe en Galicia do documental A MEDIA VOZ dirixido por Heidi Hassan e Patricia Pérez

Finalizou a rodaxe en Galicia, da película documental A MEDIA VOZ, un traballo para recuperar emocións de dous cineastas cubanas que chegaron a Galicia hai xa 16 anos. A produción corre a cargo de Matriuska Producións, firma pontevedresa que ten xa unha ampla experiencia no mundo cinematográfico. A MEDIA VOZ …

HIERRO estréase en Movistar+ o 7 de xuño, trala súa presentación en Series Manía

A serie HIERRO, coproducida por Portocabo, Atlantique Productions e ARTE France para Movistar+, está composta por 8 episodios de 50 minutos de duración e ten prevista a súa estrea completa o vindeiro 7 de xuño en VOD en Movistar+ e nas canles Movistar de Latinoamérica. A serie iniciou o seu …

O filme TROTE, producido por Frida Films, galardoado con 5 premios Mestre Mateo

TROTE, o debut na longametraxe de Xacio Baño, fíxose con 5 dos galardóns nos premios Mestre Mateo: mellor dirección de fotografía para Lucía C. Pan -que acada o galardón por segundo ano consecutivo-, mellor guión para Xacio Baño e Diego Ameixeiras e case pleno nas categorías interpretativas con Melania Cruz …

Paula Cons inicia a rodaxe do filme O SANTA ISABEL con Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna

Varias localizacións galegas acollerán a partir de hoxe luns e durante seis semanas a rodaxe de O SANTA ISABEL, película da directora Paula Cons inspirada no naufraxio deste vapor transatlántico fronte á illa de Sálvora en 1921. Agallas Films encabeza esta coprodución con Arxentina e País Vasco. O SANTA ISABEL …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies