A Academia de Televisión e das Ciencias e as Artes do Audiovisual deu a coñecer recentemente aos profesionais e programas finalistas aos Premios Iris 2021 entre as case 500 candidaturas. A produtora coruñesa Portocabo é finalista en cinco categorías:
MELLOR ACTOR Darío Grandinetti por Hierro (Movistar+)
MELLOR ACTRIZ Candela Peña por Hierro (Movistar+)
MELLOR DIRECCIÓN Jorge Coira por Hierro (Movistar +)
MELLOR FICCIÓN Hierro (Movistar +)
MELLOR GUIÓN Pepe Coira por Hierro (Movistar+)
Debido á situación excepcional pola Covid-19, a Xunta Directiva da Academia de Televisión decidiu, con ánimo de recoñecer o traballo do sector audiovisual nun momento tan complicado, sumar a entrega dos Premios Iris 2020 aos do 2021 nun formato innovador que producirá en colaboración co Cañonazo.