Filmika Galaika entra oficialmente como novo socio en Agapi. Detrás desta produtora creada en 2009 están Roi Carballido, Beli Martínez e Senén Outeiro. Un curto fíxolles coñecerse e falar, a partir daquelas conversacións durante unha rodaxe decidiron dar o salto e formar a súa propia produtora baixo o nome de Filmika Galaika. Actualmente Roi e Beli divídense as áreas de traballo, Roi leva o peso dos proxectos documentais sempre desde unha perspectiva social e de protesta, e Beli encárgase da parte de cinema, con cintas de carácter independente e de vangarda, dentro da liña do Novo Cinema Galego.
En poucos días presentarán na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes, a curtametraxe “Sycorax”, de Lois Patiño e o arxentino Matías Piñeiro, unha curta á que lle darán continuación coa película, “Ariel” que esperan rodar en 2022.
Actualmente atópanse inmersos en varios proxectos, o primeiro deles é “La Parra” longametraxe de Alberto Gracia, que se rodará o o último trimestre do ano en Ferrol, un filme gravado en tempo presente, urbano e contemporáneo. Para principios de outono estrearán “Eles transportan a noite”, unha longametraxe escrita e dirixida por Helena Girón e Samuel M. Delgado, rodado entre Canarias e Galicia e coproducido xunto á Viaxe Films. Unha película con dúas historias que transcorren de maneira paralela, e que ofrece unha mirada crítica da colonización e do relato histórico.
Ademais, teñen tres proxectos máis en fase de desenvolvemento, “Krakatoa” de Carlos Casas co que están en procura de financiamento, “Pico Sacro” de Alberto Lobelle, e “Anoche conquisté Tebas” unha longametraxe de ficción de Gabriel Azorín que esperan producir en coprodución coa produtora madrileña Subwoofer Team. Este proxecto foi seleccionado no Festival de San Sebastián e Festival de Sevilla dentro dos mercados de coprodución.
Desde que empezaron ata o de agora foron varios os proxectos que lles deron recoñecemento internacional, o primeiro deles é “Longa Noite” unha longametraxe dirixida por Eloy Enciso que se estreou no Festival de Locarno en competición oficial, e tamén en Toronto, Nova York e Viennale entre outros. O segundo deses proxectos é “Those that, at a Distance, Resemble Another” da directora arxentino- británica Jessica Sarah Rinland, e por último, “Vikingland” de Xurxo Chirro, un documental feito con material de arquivo de varias cintas gravadas por mariñeiros galegos que traballaban nun transbordador entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt, un traballo que en palabras de Beli “abriu unha liña para para moitos cineastas galegos, unha forma diferente de facer documental”.
Desde que empezaron ata o de agora foron varios os proxectos que lles deron recoñecemento internacional, o primeiro deles é “ Longa Noite” unha longametraxe dirixida por Eloy Enciso que se estreou no Festival de Locarno en competición oficial, e tamén en Toronto, Nova York e Viennale entre outros. O segundo deses proxectos é “ Those that, at a Distance, Resemble Another” da directora arxentino- británica Jessica Sarah Rinland, e por último, “ Vikingland” de Xurxo Chirro, un documental feito con material de arquivo de varias cintas gravadas por mariñeiros galegos que traballaban nun transbordador entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt, un traballo que en palabras de Beli “abriu unha liña para para moitos cineastas galegos, unha forma diferente de facer documental”.
Ademais, dentro da parte documental que leva Roi un proxecto que gardan con especial agarimo é o documental “ Manoliño Nguema” dirixido por Antonio Grunfeld e que en palabras de Roi “foi un documental moi difícil de rodar pola situación en Guinea Ecuatorial, e aínda así o conseguimos, para nós a nivel sentimental é un obra da que sentimos especialmente orgullosos”. A cinta gañou o premio Mestre Mateo ao mellor documental en 2019 e proximamente estará dispoñible en Filmin.
Filmika Galaika entra forte como novo socio de Agapi para achegar unha mirada diferente tanto desde o documental social como desde a experimentación cinematográfica máis vangardista.