Chega ‘Sycorax’, producida por Filmika Galaika, ao Festival de Cannes

Chega ‘Sycorax’, producida por Filmika Galaika, ao Festival de Cannes

A curtametraxe ‘Sycorax’, dirixida por Lois Patiño e Matías Piñeiro e producida por Filmika Galaika, estréase hoxe ás 14:45h. no Théâtre Croisette dentro da Quinzaine 2021 do Festival de Cannes.

Sycorax toma o seu nome dun personaxe da tempestade mencionado por Próspero, pero que carece de voz na obra, a pesar da súa importancia capital: nai de Calibán, encerrou a Ariel nunha árbore. Próspero descríbea como unha bruxa vella e malvada. Como fixo Tom Stoppard en Rosencrantz e Guilderstern morreron, tomando a dous secundarios de Hamlet, Sycorax propón outro achegamento ao personaxe, o que lles permite aos codirectores e coguionistas «un terreo común e unha encrucillada entre as nosas visións que nos axudaron a fusionar teatro e paisaxe, texto e silencio, movemento e quietude nun xesto que nos leva a cuestionarnos e atopar as películas que queremos seguir facendo no futuro», segundo as súas notas sobre o filme seleccionado pola Quincena, que este ano se celebrará entre o 7 e o 17 de xullo.

A proposta dos cineastas, que contaron coas actrices Agostiña Muñoz, Diana Diéguez e Susana Abreu (a fotografía é de Mauro Herce, a produción de Beli Martínez e Rodrigo Areias; Jorge Jácome asina a montaxe xunto aos codirectores) para « desdibuxar os límites da representación permitíndonos desafiar unha comprensión patriarcal dun personaxe feminino sen voz, nai de Calibán, só lembrada como a bruxa que deu o primeiro paso na illa».

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies