Etiqueta: audiovisual

‘Lúa vermella’, a nova película de Lois Patiño, chega ás salas galegas

A película Lúa vermella, dirixida por Lois Patiño e producida por Zeitun Films, chega ás salas de cine este venres, 30 de outubro. Despois de obter a Biznaga de Prata á mellor película española na sección ZonaZine da 23ª edición do Festival de Málaga e o galardón á mellor película no 25º Festival …

Estrea da curtametraxe documental ‘100 anos de Nós’, producida por Arraianos Producións

A G2 ofrece mañá venres 30, coincidindo co centenario da revista ‘Nós’, a estrea a curtametraxe documental ‘100 anos de Nós’. ‘100 anos de Nós’ é unha curtametraxe documental de Arraianos Producións que fai un percorrido contemporáneo por unha publicación que supuxo unha revolución no mundo editorial galego. A revista …

‘Nación’ de Margarita Ledo estréase no Festival de Cinema Europeo de Sevilla

O filme ‘Nación’ producido por Nós Produtora Cinematográfica Galega e dirixido por Margarita Ledo terá a súa estrea no Festival de Cinema Europeo de Sevilla. A peza é un filme de non ficción onde a directora e guionista relata a apertura ao mundo que supuxo para as mulleres en medio …

Juanjo Giménez empeza a rodaxe de ‘Tres’, unha produción de Frida Films

A socia Frida Films iniciou a gravación de “Tres”, segunda longametraxe de ficción de Juanjo Giménez pero o primeiro que realiza tras o gran éxito do seu curto “ Timecode”, que foi Palma de Ouro en Cannes e estivo nomeado ao Óscar. É un potente proxecto protagonizado por Marta Nieto …

A Televisión de Galicia estrea este sábado a serie prexuvenil ‘Miracle Tunes’ na súa app do Xabarín

A Televisión de Galicia prepara para este sábado 10 de outubro a primeira estrea en dixital da súa historia. A partir das 10 da mañá estarán dispoñibles na aplicación móbil do Xabarín os 26 capítulos da primeira tempada de ‘Miracle Tunes’, a primeira serie de ao vivo action prejuvenil da …

Sétima Media: ‘Estamos aquí para apoiar a mirada dunha nova xeración’

Oficialmente Sétima Media ten apenas dous anos de vida, pero este proxecto da produtora Silvia Fuentes e a directora Anxos Fazáns fraguouse moito antes, quizais mesmo antes de que elas mesmas o soubesen. Cada unha ten un percorrido profesional independente, pero despois de traballar xuntas na primeira película de Fazáns, …

A serie “Hierro”, finalista nos premios do festival de televisión de Venecia

A serie “Hierro” vén de ser seleccionada como finalista á mellor serie na terceira edición dos premios do festival de televisión de Venecia, que distingue ás mellores produccións televisivas de todo o mundo. A serie, producida por Portocabo con Movistar+, ARTE e Atlantique Productions, é a única ficción de fala …

Executivos de cine e televisión participarán no “I+P, IDEAS PARA PRODUCIR” 2020

O “I+P, Ideas para Producir” confirmou ata o momento a participación de máis dunha ducia de canles de televisión, plataformas, distribuidoras e produtoras en busca de novas ideas e produtos audiovisuais. Organizado polo Clúster Audiovisual Galego, o evento celebrarase os días 24 e 25 de novembro en Pontevedra, garantindo todas …

Gaspar Broullón (Ollo Vivo): “Traballar e adaptarse para que todo siga adiante”

Na produtora Ollo Vivo traballan para que ningún dos proxectos que tiñan na axenda para este ano 2020 caia da mesa, e por agora lográrono. A produtora coruñesa fundada por Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón conseguiu capear este parón imposto polo confinamento e a pandemia. Na actualidade están …

Daniel Froiz (Matriuska Producciones): “Son optimista por defecto”

O documental “A Media Voz” da produtora Matriuska acaba de gañar a Biznaga de Prata ao Mellor Director na sección de documentais do Festival de Málaga. Este é o terceiro premio que recibe a cinta dirixida por Heidi Hassan e Patricia Fernández, que vén de gañar no IDFA de Amsterdam …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies