Chelo Loureiro, da nosa produtora asociada Abano Producións, recibe a Medalla de Ouro nas Belas Artes 2024

Toledo acolleu o pasado 27 de maio a cerimonia de entrega das Medallas de Ouro ao Mérito nas Bellas Artes 2024, coas que o Ministerio de Cultura distinguiu a 38 personalidades e entidades que teñen destacado no campo da creación artística e cultural ou prestado notorios servizos no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e a cultura ou na conservación do patrimonio artístico.
O acto, presidido polas Súas Maxestades os Reis, Don Felipe e Dona Letizia, recoñeceu o traballo da nosa produtora asociada Chelo Loureiro. A ferrolana recoñeceu que recibir este galardón foi unha sorpresa tan inesperada como inolvidable. “Sintome inmensamente afortunada de ter recibido máis premios dos que xamáis soñei, pero todos eles son compartidos entre quenes traballaron nas obra premiadas, polo que non os reclamo como propios.”

Chelo Loureiro é produtora e directora cinematográfica española, nacida en Ferrol, especializada en cine de animación. Fundou a produtora Abano Producións en 2007 e foi gañadora de catro premios Goya, un deles polo seu filme ‘Valentina’ (2021). Entre as súas últimas producións atópapnse ‘Unicorn wars’ (2022), dirixida por Alberto Vázquez, e ‘El sueño de la sultana’ (2023), dirixida por Isabel Herguera. É asociada de AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes, é responsable da internacionalización del Clúster Audiovisual Galego, membro da Academia Galega do Audiovisual e da Acadèmia del Cinema Català, así como directiva da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España (AACCE). É activista polo recoñecemento das mulleres dentro do campo audiovisual e membro da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA).
