‘Krakatoa’ (Filmika Galaika) do director Carlos Casas recibe en Documenta Madrid o Premio do Xurado a Mellor Película da Competición Nacional

Imaxe de Documenta Madrid

O Festival Internacional de Cine Documenta Madrid clausurou este fin de semana a súa 23ª edición, ateigada de películas producidas por asociadas de AGAPI. O palmarés estivo encabezado polo Premio do Xurado a Mellor Película da Competición Nacional para ‘Krakatoa’, da nosa produtora asociada Filmika Galaika. O galardón, dotado con 10.000 euros, recoñece esta película sobre a loita pola supervivencia dun pescador nas inmediacións do volcán que lle dá título.

O xurado da Competición Nacional, formado por Hélder Beja, director de Doclisboa; Maite Conesa, directora da Filmoteca de Castilla y León; Iris Martín-Peralta, comisaria e produtora cinematográfica, otorgaron este premio á película de Casas por “poñer en escena un viaxe cinematográfico que transita os límites da no-ficción, e con gran atrevemento técnico e estético; aa película dá forma a unha narración anclada na tradición mitolóxica e do relato de aventuras, reivindicando a sala de cine como o espacio indiscutible para chegar ao límite da experiencia sensorial máis alá do visual”.

Imaxe de Documenta Madrid

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies