ECAM FORUM 2026 dá comezo en Madrid con catro proxectos de produtoras asociadas de AGAPI nas seccións ‘Last push’ e ‘Films do come’

ECAM FORUM 2026 dá comezo en Madrid con catro proxectos de produtoras asociadas de AGAPI nas seccións ‘Last push’ e ‘Films do come’

ECAM FORUM 2026 dá comezo en Madrid con catro proxectos de produtoras asociadas de AGAPI nas seccións ‘Last push’ e ‘Films do come’

ECAM Forum celebrará a súa terceira edición do 9 ao 11 de xuño de 2026 en Matadero Madrid, consolidándose como un espazo capaz de reunir a algunhas das voces autorais máis potentes do panorama internacional.

A selección pon no foco un dos elementos clave deste impulso: a coproducción internacional. La colaboración con países como Francia, Bélxica, Italia, Grecia ou distintos territorios de Latinoamérica foi determinante na circulación recente do cine español. ECAM Forum posiciónase así como un espazo estratéxico para reforzar os vínculos entre produtoras, creadores e axentes internacionales.

LAST PUSH

A sección LAST PUSH, que este ano amplía o seu apoio a dez proxectos, está destinada a películas en fase de posprodución, co obxectivo de facilitar o seu salto ao circuito internacional. Conta cun premio de 15.000€, que será outorgado por un xurado independiente á produtora da película gañadora. Dentro desta sección figuran:

‘Adiós, Ríos’ (Sebastián Uría) producida pola asociada de AGAPI Tamboura Films.

Serra de Ancares. A Luis diagnosticárono cancro a pasada primavera. A enfermidade e o tratamento médico lastraron o seu vigor físico e anímico. Xa non sae de casa e non pode ocuparse dos seus cabalos, Branco e Moura. Unha osa merodea os bosques da comarca. Acaban de avistala e aínda é cedo para saber se se quedará a criar no val ou se soamente está de paso. Haberá que agardar á primavera. A Felicitas e Xacobo, o seu fillo quere levalos a Barcelona, pero Xacobo no está disposto a abandonar as montañas onde sempre ten vivido. Eladio e Marifé, os gardas forestais da comarca, son testigos do destino de Felicitas, Xacobo, Luis, os caballos, a osa… ata que as súas historias tomen rumbos ineludibles.

‘Todo es cárcel’ (Eloy Enciso) producida pola nosa asociada de AGAPI Filmika Galaika.

As cartas de Carmen e Ángel, dous amantes que intentan reencontrarse durante os últimos días da guerra civil española, son investigadas na actualidade por Elsa, unha fotógrafa que recorre o país rexistrando espazos para un proxecto relacionado coa represión franquista. A nova do falecemento dun familiar obrígaa a interrumpir o seu traballo, retomar o contacto coa súa familia e asumir unha herdanza pendente.

FILMS TO COME

A sección FILMS TO COME está adicada a proxectos de longametraxe en fase de desenvolvemento que buscan financiación, coprodución e posicionamiento internacional. Nela atópase unha diversidade de propostas que exploran novas narrativas e miradas autorais xenuinas, que buscan en ECAM Forum un espazo coidado para proxectos en fases iniciais con vocación internacional. Dentro desta sección figuran:

‘Os reis imaxinarios’ (Eire Cid) producida pola nosa asociada de AGAPI Brava.

Rude é un adolescente que vive co seu pai nun barrio obreiro de Vigo. Ten os dentes tortos e o corpo esmirriado cheo de tatuaxes. É sensible e observador, aínda cunha masculinidade agresiva e fráxil. Sempre está tenso. Trap, apostas, pelexas, porno e popper. El e o seu grupo de amigos atravesan un loito pola súbita morte dun deles: El Rubio, un irmán para Rude, cuxa perda deixouno atrapado nunha rutina devorada pola ansiedade. Todos manteñen un conflito con Pupas, outro rapaz ao que acusan de mentir sobre un suposto romance co falecido. Neste contexto, Rude coñece a Valeria e os dous namoran. Ela faino feliz, pero tamén confronta o seu desexo. E está claro: para poder xestionar a morte do Rubio e conservar a Valeria, Rude debe cambiar, pero se cambia, perderá os seus privilexios e aos seus amigos.

‘Handen’ (Ángel Filgueira) producida pola nosa asociada de AGAPI Sétima

Uxío, un galego de 32, empeza a traballar nunha granxa de hortalizas na fronteira dos Países Baixos con Bélxica co plan de aforrar para mudarse por fin coa súa moza, mentras termina a súa primeria novela. O traballo físico lévao ao límite e o grupo de compañeiros migrantes cos que traballa e tamén convive móstranse distantes e hostís. Pero Uxío resiste, endurécese e adáptase, disfruta do contacto coa terra, e conecta cos outros traballadores, non tan diferentes a el. Incluso ten unha tensa relación de atracción e rexeitamento cun violento compañeiro polaco, Piotr. A granxa vaise convertendo na súa única realidade. Uxío alarga o contrato e pospón os seus plans ata que a súa vida fóra da granxa vaise quedando atrás, convertido nunha peza máis da maquinaria, resistente e intercambiable.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies