AGAPI entrega o V Premio de Honra Dolores Ben a Xosé Lois Ledo Andión nun emotivo acto celebrado nas instalacións de Cinemar Films

AGAPI entrega o V Premio de Honra Dolores Ben a Xosé Lois Ledo Andión nun emotivo acto celebrado nas instalacións de Cinemar Films

AGAPI entrega o V Premio de Honra Dolores Ben a Xosé Lois Ledo Andión nun emotivo acto celebrado nas instalacións de Cinemar Films

Imaxe de Fran Rodríguez Casal

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) entregou onte o V Premio de Honra Dolores Ben a Xosé Lois Ledo Andión. O produtor agradeceu o recoñecemento acompañado de familia, amigos e compañeiros da profesión.

Ata o momento foron premiadas en edicións anteriores a poetisa e xornalista cultural Ana Romaní (I Premio Dolores Ben), a xornalista Tareixa Navaza (II Premio Dolores Ben), a tradutora e lingüista Rosa Moledo (III Premio Dolores Ben) e a produtora Fernanda del Nido (IV Premio Dolores Ben).

Imaxe de Fran Rodríguez Casal

A entrega do galardón, redeseñado nesta edición polo artesánal IlexTalla, tivo lugar en Cinemar Films, estudo cinematográfico de son fundado por Dolores Ben no ano 2006, emprazado no polígono de Novo Milladoiro moi preto de Santiago de Compostela.

Ata alí desprazáronse numerosos invitados relacionados co mundo da cultura que quixeron arroupar coa súa presenza este acto tan especial que contou coa participación de Natividade González, deputada de cultura da Deputación da Coruña, e co acompañamento musical de Yas Deluaces.

Imaxe de Fran Rodríguez Casal

Profesional estreitamente vencellado ao audiovisual galego e firme defensor do cinema independente, Xosé Lois Ledo Andión é Licenciado en Xornalismo e está especializado en guión e documental sendo administrador único da produtora Nós, PCG, S.L.

Ao longo da súa carreira desenvolveu unha intensa actividade como produtor, director e director de produción en numerosas obras audiovisuais. Entre os seus traballos máis destacados figuran, como director de produción, os filmes Santa LiberdadeListe, pronunciado Lister e A cicatriz branca. Foi tamén produtor executivo e director do documental Bestas, seleccionado para participar no Festival de Cine de Málaga no ano 2002. No ámbito televisivo participou nas series O corpo da alma e Imos de viños, ademais dos documentais Inmigrantes no país da emigraciónO país dos mistos e O Garabelo.

Imaxe de Fran Rodríguez Casal
Imaxe de Fran Rodríguez Casal
Imaxe de Fran Rodríguez Casal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies