A rapazada da provincia de Pontevedra adéntrase un ano máis no mundo cinematográfico a través da segunda edicion das xornadas educativa “O oficio de producir” da man de AGAPI e a Deputación
As xornadas educativas “O oficio de producir”, iniciativa da Asociación Galega de Produtoras Independentes en colaboración coa Deputación de Pontevedra, percorreu un ano máis os centros educativos da provincia. Na súa segunda edicion o proxecto buscou achegar ao alumnado a realidade do audiovisual galego e as posibilidades que o sector lles pode ofrecer no futuro. Unha experiencia realmente satisfactoria, onde a rapazada demostrou ter unha interese crecente polo mundo cinematográfico.
Nesta segunda edición, o programa mantivo o seu compromiso coa excelencia educativa ao ofrecer aos centros de ensino da provincia de Pontevedra a oportunidade de establecer un contacto directo cos axentes do sector. Recibindo na aula a un produtor ou produtora asociada de AGAPI que lles achegou a súa experiencia e vivencias relacionadas co oficio de producir. Desde a idea ata a rodaxe e posterior distribución dos contidos, tanto para televisión como para cinema. Con esta iniciativa, pretendeuse non só enriquecer a experiencia académica, senón tamén profesionalizar a visión que o alumnado ten do sector, fomentando o respecto pola creación cultural e o coñecemento dun oficio estratéxico para Galicia.

As xornadas comezaron o martes 12 de maio no CEIP de Agolada con Javier Lopa, da produtora Undodez, responsable de producións como ‘Pipo’, ‘Bibopalula’ ou ‘O novo son da regueifa’.

Esa misma semana, o xoves 14 de maio, o CEIP Plurilingüe de Belesar (Baiona) recibiu a Bea Villar da produtora Brava, responsable de contido web de gran impacto como ‘Pringadas’, ‘Raíña-me’ ou ‘O videoclub’.

Simone Saibene, fundador Novelas Producciones así como docente e crítico, será o encargado de achegar o oficio de producir ao CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño (Campo Lameiro) o martes 26 de maio.

O xoves 28 de maio o alumnado do CEIP Plurilingüe Feliciano Barreira de Ponteareas recibiu á produtora Silvia Fuentes. A súa empresa Sétima é responsable de producións como ‘As liñas descontinuas’ ou ‘Cando toco un animal’.

O martes 2 de xuño o CEIP Sequelo-Marín recibiu á cineasta, guionista e produtora Irene Pin, fundadora da productora Aqueladas.

Finalmente, as xornadas educativas ‘Oficio de producir’ finalizaron o xoves 4 de xuño no CEIP A Lama, da man do productor Diego Aballe de Coven Films, con sede en Vigo.