Os proxectos de longametraxe ‘Adarna’ (Matriuska Produccións) e ‘Handen’ (Sétima) seleccionados no programa de desenvolvemento de guións Mediterranean Film Institute Script 2 Film

Os proxectos de longametraxe ‘Adarna’ (Matriuska Produccións) e ‘Handen’ (Sétima) seleccionados no programa de desenvolvemento de guións Mediterranean Film Institute Script 2 Film

Os proxectos de longametraxe ‘Adarna’ (Matriuska Produccións) e ‘Handen’ (Sétima) seleccionados no programa de desenvolvemento de guións Mediterranean Film Institute Script 2 Film

Imaxe do Mediterranean Film Institute

O programa de desenvolvemento de guións Mediterranean Film Institute Script 2 Film vén de anunciar os proxectos seleccionados para 2026, entre os que se atopan dúas producións de asociadas de AGAPI: ‘Adarna’, do director galego Lois Patiño e con produción de Matriuska Produccións; e ‘Handen’ do director galego Ángel Filgueira e con produción de Sétima.

MFI Script 2 Film é un programa internacional de desenvolvemento de guións dedicado a apoiar proxectos ambiciosos e baseados en guións cunha visión narrativa clara, fomentando un diálogo creativo sostido entre escritores, produtores e titores. Esta edición está dirixida a guionistas e produtores que traballan en proxectos en fase de tratamento, primeiro borrador ou borrador avanzado que desexen seguir desenvolvendo o seu traballo dentro dun marco de desenvolvemento de guións estruturado e colaborativo.

As seccións de laboratorio divídense en grupos de traballo coordinadas por grandes profesionais do sector:

‘Adarna’ o proxecto de Lois Patiño con guión xunto a Santiago Fillol, será mentorizado por Nicos Panayotopoulos. Guionista grego galardoado internacionalmente e autor de longametraxes, relatos e novelas traducidos a varias linguas. É consultor de guións, educador e profesor adxunto de guión na Universidade Aberta Helénica.

Por outra banda ‘Handen’ proxecto escrito e dirixido por Ángel Filgueira, pertence ao grupo de mentoría de Ana Sanz-Magallón. Consultora de guións española, conferenciante e autora con 25 anos de experiencia no desenvolvemento de historias e edición de guións en Europa e América Latina, colaborando con programas e institucións de formación internacionais.

MFI Script 2 Film terá lugar en liña, baseándose firmemente nos principios básicos do programa: traballo de guión en profundidade, intercambio crítico e estreita colaboración con profesionais audiovisuais experimentados.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies