Luns na Filmoteca – Galicia ProFilme: encontro con José Luis Rebordinos o 6 de xullo

Luns na Filmoteca – Galicia ProFilme: encontro con José Luis Rebordinos o 6 de xullo

Luns na Filmoteca – Galicia ProFilme: encontro con José Luis Rebordinos o 6 de xullo

O ciclo de sesións profesionais Galicia ProFilme en colaboración coa Filmoteca de Galicia, ofrécelle ao sector audiovisual galego un encontro presencial con José Luis Rebordinos, director do SSIF-Festival Internacional de Cine de San Sebastián desde o ano 2011.

A cita será o 6 de xullo, ás 16:00 horas, na Sala José Sellier da Filmoteca, na Coruña (r/ Durán Loriga, 10).

Rebordinos falará das diferentes seccións do Festival de San Sebastián e os criterios de selección para o cine español, así como da ampla oferta de actividades que o certame organiza dentro do seu Industry Club. 

Cómpre confirmar asistencia no correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.gal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies