Anxos Fazáns (Sétima) impartirá un obradoiro sobre o proceso creativo no Campamento Audiovisual da 5ª edición do Mac Marín

Anxos Fazáns (Sétima) impartirá un obradoiro sobre o proceso creativo no Campamento Audiovisual da 5ª edición do Mac Marín

Anxos Fazáns (Sétima) impartirá un obradoiro sobre o proceso creativo no Campamento Audiovisual da 5ª edición do Mac Marín

A Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín acollerá na súa 5ª edición unha formación especializada con Anxós Fazáns, da produta asociada de AGAPI, Sétima. O obradoiro enmárcase dentro do Campamento Audiovisual da mostra e está centrado no proceso creativo.

Fazáns é directora, guionista e produtora audiovisual galega, cunha sólida traxectoria no desenvolvemento de proxectos de ficción cinematográfica desde a idea inicial ata a súa materialización en pantalla. A súa experiencia abrangue todas as fases do proceso creativo: conceptualización, escritura de guión, construción de personaxes, desenvolvemento visual, dirección de actores e posta en escena. A través das súas longametraxes A estación violenta e As liñas descontinuas, así como de múltiples proxectos para cinema e televisión, consolidou unha metodoloxía de traballo baseada na exploración da identidade narrativa e na coherencia entre forma e contido. 

No marco de MAC MARÍN, impartirá un obradoiro centrado no proceso creativo aplicado á ficción audiovisual, abordando as ferramentas e dinámicas que permiten transformar unha idea inicial nun relato cinematográfico sólido, analizando casos prácticos da súa propia experiencia profesional.

Os curso celebrarase os días 18 e 19 de agosto, con aloxamento e almorzó cuberto. 

* Día 18 de 17.30 a 20.30 + proxección de “As Liñas Descontinuas”

* Día 19 de 10:00 a 13:00

Os curso está enfocado a Proceso Creativo: guión e dirección de actores

O prezo é de 120€ 

Está pensado para estudantes da rama de comunicación e imaxe dos últimos cursos de carreira ou para profesionais que queiran ampliar coñecemento.

Esta actividade enmárcase dentro da 5° edición da MAC Marín – Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín 

Organiza: Asociación Marín de Cine

Para comunicarse coa organización poden escribir a info@mac-marin.com

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies