Anxos Fazáns (Sétima), Óliver Laxe (Filmes da Ermida) e Jaione Camborda (Esnatu Zinema) entre os docentes de ‘CormoKamp’, a nova residencia para cineastas na Coruña inspirada pola eclipse solar de 2026

Anxos Fazáns (Sétima), Óliver Laxe (Filmes da Ermida) e Jaione Camborda (Esnatu Zinema) entre os docentes de ‘CormoKamp’, a nova residencia para cineastas na Coruña inspirada pola eclipse solar de 2026

Anxos Fazáns (Sétima), Óliver Laxe (Filmes da Ermida) e Jaione Camborda (Esnatu Zinema) entre os docentes de ‘CormoKamp’, a nova residencia para cineastas na Coruña inspirada pola eclipse solar de 2026

A asociación cultural Cormorán Cinema presenta a primeira edición de CormoKamp, unha residencia cinematográfica deseñada para impulsar a creatividade e o intercambio entre novos directores e directoras. O programa desenvolverase na Coruña ao longo de doce días (do 31 de xullo ao 12 de agosto), tendo como peche e catalizador creativo un fenómeno astronómico irrepetible: o eclipse solar total do vindeiro 12 de agosto.

Coa Fundación Luís Seoane como sede central, os cineastas seleccionados recibirán un acompañamento intensivo para os seus proxectos a través de dúas vías fundamentais:

  • Titorías personalizadas: O seguimento diario correrá a cargo de dous recoñecidos cineastas galegos: Anxos Fazáns da produtora asociada de AGAPI SétimaEloy Domínguez Serén.
  • Clases maxistrais: O programa inclúe catro masterclasses exclusivas con figuras clave do cine de autor contemporáneo, entre as que destacan Óliver Laxe da produtora asociada de AGAPI Filmes da ErmidaJaione Camborda da produtora asociada de AGAPI Esnatu Zinema e Lois Patiño.

CormoKamp nace co obxectivo de crear un espazo de escoita, aprendizaxe e convivencia horizontal entre profesionais do sector. Este proxecto conta co apoio do Concello da Coruña e da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), ademais da colaboración da Fundación Luís Seoane.

Convocatoria abierta

11 directores con proxectos de ficción, non ficción ou experimental en desenvolvemento e que desexen co-dirixir unha peza audiovisual colectiva única.

Mínimo 3 prazas reservadas para cineastas da provincia da Coruña.

Admitiránse candidaturas ata o 16 de xullo.

Anuncio seleccionados o 20 de xullo.

Matrícula

550€* Pago único · IVA incluido

Incluido

  • Almorzo lixeiro diario na Fundación Seoane
  • Comidas a mediodía durante os 12 días (pícnic en rodaxe)
  • Recollida en estación e puntos da cidade pola mañá
  • Masterclasses exclusivas 
  • Titorías con cineastas e equipo Cormorán
  • Actividades peer-to-peer sobre os proxectos
  • Proxecións con coloquio e público
  • Charlas con referentes da industria (online/presencial)
  • Rodaxe colectivo da curtometraxe da eclipse
  • Seguemento online tras a residencia
  • Sesión de pitchings no Cormorán Film Fest
  • Premiere no Cormorán Film Fest

Non Incluido

  • Aloxamento*
  • Ceas
  • Transporte ata A Coruña

*Opción sen comidas: 455€ (IVA incl.) 
**Opción de aloxamento
A eclipse e o verán na Coruña teñen disparado a ocupación hoteleira e os seus prezos. Ademais de ofrecer apoio na búsqueda de alternativas máis asequibles, temos xestionado unha opción para residentes non locais ou sen aloxamento na cidade, distribuida en dous tramos consecutivos (783€). 

31 jul. – 8 agosto
Residencia Univ. José Sardina
Habitación Individual

8 agosto – 12 agosto
Hotel Cristal II
Habitación Dobre

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies