AGAPI presenta aos mentores e proxectos seleccionados para a 5ª edición de Agapi Impulsa Copros

AGAPI presenta aos mentores e proxectos seleccionados para a 5ª edición de Agapi Impulsa Copros

AGAPI presenta aos mentores e proxectos seleccionados para a 5ª edición de Agapi Impulsa Copros

AGAPI IMPULSA COPROS, o programa de asesoría personalizada de proxectos da Asociación de Produtoras Independentes, xa ten os 5 proxectos seleccionados desta 5ª edición. Marina García (Sintagma Films), Álvaro P. Becerra (Undodez), Beli Martínez (Filmika Galaika), Raúl García (Meteórica Cine) e Rubén Coca (Artyc Content) serán os mentores nesta ocasión.

Un ano máis, a recepción de candidaturas de participación foi elevada, cunha numerosa cantidade de propostas de todas as tipoloxías. Tras a reunión do comité de selección, conformado por Laura Pazienza (H501 Studio), Diego R. Aballe (Coven Films) e Álvaro Liste (Serea Films), e unha difícil deliberación, obtívose como resultado a seguinte listaxe de proxectos:

· ‘Emigrasón’ | Ash Díz | Longametraxe documental
· ‘Epidemia invisible’ | Román Varela | Serie documental
· ‘Fenda’ | Helena Montenegro | Longametraxe documental
· ‘Algún día botareite en falta’ | Manu Sacoga | Longametraxe documental
· ‘Murmurios do noroeste’ | Tatiana Santiago e Victoria San José | Serie de animación

A axenda de mentorías comenzará no mes de setembro, chegando a unhas seis reunións (cada 15 días) nas que mentores e creadores abordarán temas como guión e orzamento, plan de financiamento e de rodaxe, ou preparación de dossier e videopitching.

Cunha traxectoria xa consolidada, Agapi Impulsa Copros reafírmase como unha incubadora clave para o talento emerxente e a creación de novas narrativas desde Galicia. A través deste acompañamento personalizado, AGAPI mantén o seu compromiso co impulso do tecido industrial galego, dotando aos autores e autoras das ferramentas estratéxicas necesarias para converter as súas ideas en producións viables e competitivas a nivel nacional e internacional. Contando nesta edición co apoio de Egeda a través de PIAF.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies