AGAPI renova un ano máis a súa colaboración co OUFF Festival de Cine de Ourense a través da realización do ‘IV Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras’

AGAPI renova un ano máis a súa colaboración co OUFF Festival de Cine de Ourense a través da realización do ‘IV Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras’

AGAPI renova un ano máis a súa colaboración co OUFF Festival de Cine de Ourense a través da realización do ‘IV Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras‘

Presentacion da 31ª edición do OUFF

Despois dos éxitos colleitados en anteriores edicións, a Asociación Galega de Produtoras Independentes AGAPI, en colaboración co OUFF Festival de Cine de Ourense , organiza o IV Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Productoras (PAP) os días 27, 28 e 29 de setembro no Balneario de Laias. Un encontro que busca fortalecer a colaboración entre federacións de produtoras e trazar unha estratexia común para afrontar os retos actuais do sector audiovisual en España.

O principal obxectivo do encontro é conseguir unha mellora na comunicación entre as federacións que conforman a PAP e definir unha liña de acción concreta conxunta, así como aumentar a capacidade de traballo colaborativo e lograr un impacto de resultados positivos. Nunha edición á que se lle suma a recente fusión de PIAF (Productoras Independientes Audiovisuales Federadas) e MAPA (Mesa Territorial de Productores Audiovisuales), que decidiron unir forzas e constituir unha nova entidade que reforce a representatividade do sector a nivel estatal e territorial. Nun momento clave para a consolidación do sector audiovisual independente.

Screenshot

Mais a presenza de AGAPI vese reflectida tamén dentro da programación do certame con 6 títulos producidos por empresas asociadas. Na Sección Oficial Panorama Galicia, deseñada para amosar o panorama cinematográfico máis relevante do país, o público poderá gozar de dúas estreas en Galicia: A ópera prima de María Yáñez, Kiro, producida por Miramemira. Un celebración da vida da cantante e súa especial relación co público. Unha película sobre o poder emocional da “canción lixeira” nunha cultura minorizada e marcada por la emigración. Así como do filme estreado en Venecia A veces me entra tristeza, otras veces rebelión, dirixida por María Aparicio que conta coa produción de Mordisco Films e Brava. Un percorrido íntimo e reflexivo que redescubre a cidade de Madrid co Museo Reina Sofía como protagonista.

Pola súa banda, a sección Made in OU, centrada nas creacións con vinculacion directa coa provincia e o talento local, exhibirá a longametraxe Todo pode esperar, dirixida por Borja Casale producida pola asociada de AGAPI H501 Studio. Unha viaxe pola vida de César, profesor xubilado que 50 anos atrás intentou adicarse á música. A sección complétase coa curtametraxe de época As maos da pulpeira (Silvia Cachafeiro) producida por Matriuska Producións. Unha obra na que se reivindica o poder das mulleres nun mundo de homes.

Finalmente, a sección Colleita acollerá a proxección en Ourense da longametraxe Anoche conquisté Tebas (Gabriel Azorín) producida pola asociada de AGAPI Filmika Galaika. Unha historia co misticismo e as termas romanas da cidade como protagonistas. Así como do filme Así chegou a noite (Ángel Santos) coproducida por Amaterus Films e as asociadas Maruxiña Film Company e Matriuska Producións. Un filme sobre o illamento e como nos relacionamos co el.

Presentacion da 31ª edición do OUFF