‘Handen’ (Sétima), nova película de Ángel Filgueira, faise co Premio IFFR Rotterdam da sección ‘Films to come’ do ECAM FORUM 2026

ECAM Forum anunciou fai uns días o palmarés da súa terceira edición, celebrada en Matadero Madrid, onde durante tres xornadas se deron cita algúns dos principais profesionais da industria audiovisual europea e iberoamericana. Palmarés entre o que se atopa ‘Handen’, nova película do cineasta galego Ángel Filgueira, actualmente en desenvolvemento e producida pola nosa asociada Sétima. Que se fixo co PREMIO IFFR ROTTERDAM da sección FILMS TO COME.
‘SINOPSE: Uxío, un galego de 32, empeza a traballar nunha granxa de hortalizas na fronteira dos Países Baixos con Bélxica co plan de aforrar para mudarse por fin coa súa moza, mentras termina a súa primeria novela. O traballo físico lévao ao límite e o grupo de compañeiros migrantes cos que traballa e tamén convive móstranse distantes e hostís. Pero Uxío resiste, endurécese e adáptase, disfruta do contacto coa terra, e conecta cos outros traballadores, non tan diferentes a el. Incluso ten unha tensa relación de atracción e rexeitamento cun violento compañeiro polaco, Piotr. A granxa vaise convertendo na súa única realidade. Uxío alarga o contrato e pospón os seus plans ata que a súa vida fóra da granxa vaise quedando atrás, convertido nunha peza máis da maquinaria, resistente e intercambiable.
Con esta terceira edición, ECAM Forum consolida a súa posición como unha das principais plataformas europeas para o impulso, a financiación e a circulación do cine independente.
