Etiqueta: audiovisual

Eroski Paraíso chega este venres aos cines galegos e estrea o seu tráiler

Despois do seu éxito como obra teatral, Eroski Paraíso dá o salto á gran pantalla da man dos directores Jorge Coira e Xesús Ron. O filme, unha produción de Chévere e Ollo Vivo, chegará este venres 13 de decembro aos cines galegos. As primeiras localidades que acollerán o filme a …

Un ano máis, AGAPI coordina a programación audiovisual do Culturgal

Culturgal, Feira da actividade cultural en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 29 de novembro, 30 de novembro e 1 de decembro. Un ano máis, poderán verse na Feira as mellores propostas Culturais nos ámbitos do audiovisual, música, arte, editorial, artesaría e teatro. Agapi coordina …

Agallas Films consegue con ‘Ouro negro’ entrar na selección do International Drama Summit do Content London

Agallas Films, produtora fundada en 2009 con sede na Coruña e socia de AGAPI, conseguiu o que parece imposible: que o seu proxecto de serie ‘Oro negro’ entre na selección de International Drama Summit de Content London. A xornada Drama Series Pitch recibiu este ano preto de 100 propostas de …

Agapi celebra o xoves o seu 25 Aniversario cunhas xornadas de debate pola mañá e unha gran festa para o sector audiviosual galego pola noite

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) reafirma o seu compromiso de traballo para seguir sendo unha peza clave na unidade, consolidación e estabilización dun sector estratéxico como é o do audiovisual galego A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) cumpre 25 anos. Con tal motivo ao longo desta semana …

AGAPI renova a súa Xunta Directiva para os vindeiros dous anos

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) acorda por unanimidade renovar a súa Xunta Directiva por un período de dous anos, tal e como establecen os Estatutos. Felipe Lage Coro, de Zeitun Films, será o novo presidente da Asociación neste período, ao que acompañará como vicepresidente, X.Lois Ledo de Nós Produtora …

Arima, a primeira longametraxe de Jaione Camborda, poderá verse en Galicia inaugurando Novos Cinemas

A cuarta edición de Novos Cinemas – Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 10 e o 15 de decembro, acollerá no seu acto inaugural a proxección de Arima, a primeira longametraxe de Jaione Camborda, da que xa ofrecera un pequeno adianto na sección Encontros da …

Daniel Froiz (Matriuska Producciones): “A nivel creativo Galicia está sendo un referente a nivel internacional”

Falamos con Daniel Froiz, propietario de Matriuska Producciones, a produtora pontevedresa que desde 2008 aposta por unha filmografía de autor que traballa tanto na ficción como documental. Definir ou traballo dunha produtora nunca é sinxelo, pero en Matriuska Producións téñeno claro, apostan por un cinema independente a nivel temática, tamén …

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA organiza en colaboración con AGAPI unhas xornadas formativas que levan por título ‘A produción audiovisual a debate’

A Deputación de Coruña en colaboración con AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebrará o vindeiro xoves 21 de novembro, unhas xornadas dedicadas ao Audiovisual. Baixo o título A PRODUCIÓN AUDIOVISUAL A DEBATE trataranse temas como a distribución ou o papel das administracións nas axudas á produción. Estas xornadas, organizadas …