Culturgal, Feira da actividade cultural en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 29 de novembro, 30 de novembro e 1 de decembro. Un ano máis, poderán verse na Feira as mellores propostas Culturais nos ámbitos do audiovisual, música, arte, editorial, artesaría e teatro.
Agapi coordina a programación audiovisual que poderá disfrutarse no Salón de Actos do Pazo da Cultura. Este ano na programación poderán verse títulos como:
SÁBADO 30 NOVEMBRO
17h- 19h: ‘GALLO’, documental producido por Frida Films. Presenta: Sara Horta, axudante de produción. 82 min.
19h- 21h: ‘EROSKI PARAISO’, filme producido por Ollovivo. Presentan: Jorge Coira, director e Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, actriz e actor protagonistas. 76 min.
DOMINGO 1 DECEMBRO
17h- 18h: ‘ATOPANDO O CAMIÑO’, curtametraxe. Presentan: María Fanjul e Andrés Castro, codirectores e Óscar Ibáñez.
18h-20h: ‘O QUE ARDE’, filme producido por Miramemira. Presentan: Óliver Laxe, director e Valentín García, responsable de Política Lingúística.