O pasado sábado 30 de novembro, tivo lugar a presentación da plataforma de préstamo audiovisual das bibliotecas públicas galegas, GALICIALE dentro do marco da Feira das Industrias Culturais, Culturgal. Esta presentación contou coa participación do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; a xerente de AGAPI, Uxía Caride e o director de Edicións Xerais de Galicia, Fran Alonso.
GaliciaLe (galiciale.gal) é a plataforma de préstamo de libro dixital e de audiovisuais galegos a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia desde 2014. A gran novidade é que dispón de 300 títulos de longametraxes, curtas e documentais feitos en Galicia e para todos os públicos, que se poden ver de balde só con rexistrarse tendo o carné dunha biblioteca pública de Galicia.