A sala de cinema preparada no Salón de Actos da Feira Culturgal encheu ata a bandeira varios dos seus pases.
O sábado 30 arrincou con un documental infantíl pola mañá para seguir pola tarde co filme ‘GALLO’ producido por Frida Films e coa película de ficción baseada na obra de teatro dos Chévere ‘EROSKI PARAÍSO’. Esta preestrea era moi agardada e foi moi ben acollida polo público.
O domingo 1 de decembro, foi a quenda da cultametraxe ‘ATOPANDO O CAMIÑO’ para seguir ás 18h co alabado filme ‘O QUE ARDE’ que contou coa participación no coloquio do seu director, Óliver Laxe que estivo acompañado polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. ‘O QUE ARDE’ consolídase como o fenómeno cinematográfico do país acadando nas últimas horas catro nominacións aos premios Goya.