Recrea Films, experiencia e talento baixo un mesmo teito

Recrea Films, experiencia e talento baixo un mesmo teito

Recrea Films son Amalia Mato e Chema Gagino, dous profesionais con moitos anos de experiencia ás costas dentro da produción, dirección e guión. En  2017 unen forzas para voar sós e crear a súa propia produtora baixo o nome Recrea Films, unha produtora independente con sede na Coruña que traballa cunha liña editorial clara, “proxectos de ficción ou documental comprometidos socialmente que poñan en valor o talento galego, conectados coa realidade e baseándose no emprego da mellor materia prima: a xente e as súas vidas.”

Actualmente traballan en dous proxectos que esperan ver a luz pronto, o primeiro é un documental dirixido por Marcos Nine titulado A virxe Roxa, que narra a vida e morte de Hildegart Rodríguez, a muller que durante a II República se converteu nunha nena prodixio grazas ao metódico plan da súa nai Aurora. O proxecto afonda na vida destas dúas mulleres que viviron durante a II República e, sobre todo, na relación que as uniu e as destruiu. O documental que agora se atopa fase de produción espera chegar ás pantallas a mediados do próximo ano.

O segundo proxecto que teñen entre mans é, Caso Couso en fase de desenvolvemento e para o que actualmente se atopan buscando financiamento. Con esta longametraxe Recrea Films quere profundizar na loita persoal por superar a perda e tamén a batalla xudicial da familia de José Couso, o cámara que perdeu a vida na invasión de Iraq en 2003. Ademais, traballan sobre outros proxectos para cinema e televisión dos que aínda non nos poden dar máis datos aínda que esperan facelo pronto.

Falamos con Chema Gagino e o certo é que ter moita experiencia permite ver as cousas desde a distancia e observar os cambios ao longo do tempo, por iso asegura que “o sector audiovisual galego vive un momento único, e iso débese ao enorme talento dos equipos técnicos e artísticos que temos aquí, Galicia converteuse xa nun referente a nivel estatal e internacional”.

O reto para Recrea Films como para todas as produtoras independentes é buscar o financiamento e apoios necesarios para sacar os proxectos adiante, pero tamén afianzar así a súa posición dentro do sector en Galicia e tamén a nivel nacional. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies