Daniel Froiz (Matriuska Producciones): “A nivel creativo Galicia está sendo un referente a nivel internacional”

Daniel Froiz (Matriuska Producciones): “A nivel creativo Galicia está sendo un referente a nivel internacional”

Falamos con Daniel Froiz, propietario de Matriuska Producciones, a produtora pontevedresa que desde 2008 aposta por unha filmografía de autor que traballa tanto na ficción como documental. Definir ou traballo dunha produtora nunca é sinxelo, pero en Matriuska Producións téñeno claro, apostan por un cinema independente a nivel temática, tamén máis “art house” que poida xerar un impacto nos festivais, pero que tamén funcione en billeteira, e sempre buscando dar máis visibilidade a cineastas galegos. 

Entre os seus traballos atópanse películas como “As Altas presións” de Ángel Santos, que 2014 tivo unha grande acollida nos festivais, sendo a gañadora na sección de Novas Olas no Festival de Sevilla. Na actualidade atópanse traballando en diferentes proxectos, un deles é  “Que fixemos mal?” a nova película de Liliana Torres, unha coprodución con Avalon que conta co apoio de TVE, Xunta de Galicia e TVG e que chegará ás salas a finais do 2020. Ademais, están a producir a primeira longametraxe de Álvaro Gago, que leva por título “Algo parecido á felicidade” e un documental de César Souto, “Míster Stevens”. A finais de novembro poderemos ver “A Media voz”, de Patricia Pérez e Heidi Hassan, unha coprodución con Cuba, Francia e Suíza.

Daniel Froiz é tamén socio fundador do festival Novos Cinemas, o festival internacional de cinema de Pontevedra que neste decembro celebra a súa cuarta edición, un festival que dá voz aos primeiros e segundos longos de cineastas galegos e internacionais. 

Preguntámoslle a Daniel Froiz sobre a situación actual do audiovisual galego: “A nivel creativo Galicia está a ser un referente a nivel internacional, e tamén a nivel de integración da mulleres no plano creativo e técnico. Ademais, Galicia ten un gran nivel non só no cinema de vangarda, senón tamén en contidos máis comerciais dentro da animación e as series”. Quizais un dos punto fortes é a boa relación entre os profesionais do sector, e é que en palabras de Daniel Froiz “a reciprocidade entre os produtores e os técnicos en Galicia ten moi bo equilibrio”.

Nun futuro incerto no que a demanda de contidos é cada vez maior e o espectador cambiou a súa forma de consumir cinema, en Matriuska Producións saben que a clave para seguir traballando é ser sustentables: “traballar con películas que sexan sustentables en si mesmas, non buscando ningún pelotazo, desenvolver e producir filmes que amemos e facelos coa xente coa que nos gusta traballar”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies