Desde hoxe queda aberto o prazo de inscripción na V edición do CONECTA PLUS, o encontro entre creadores e produtores de dentro e fóra de Galicia, organizado por CREA en colaboración con AGAG e AGAPI e co apoio de AGADIC, a Fundación SGAE e a Deputación da Coruña. O EVENTO TERÁ LUGAR O SÁBADO 14 DE DECEMBRO NA CIDADE DA CULTURA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Como en anos anteriores, no Conecta + teredes a ocasión de presentar os vosos proxectos en reunións un-a-un aos máis destacados produtores de Galica, así como a unha escolla de produtores punteiros de fóra de Galicia. Asegurámosvos que serán, como adoita ocurrir, profesionais de primeirísimo nivel, e contamos con poder comunicarvos a lista de nomes a próximamente.
Quen estea interesado en inscribir un proxecto, ten que facelo a través desta ligazón. O PRAZO LÍMITE PARA FACELO É O DÍA 21 DE NOVEMBRO ÁS 14:00. Como todos os anos, un xurado composto por membros de CREA, AGAG e AGAPI escollerá os proxectos que logo se mandarán aos produtores.
Como o ano pasado, o evento incluirá tamén un PANEL DE PITCHING cos guións subvencionados na última convocatoria de axudas de Talento de AGADIC. Esta é unha ACTIVIDADE ABERTA AO PÚBLICO á que vos animamos a asistir, como vos animamos a asistir á MASTERCLASS DE PITCHING A CARGO DE PETER ANDERMATT, director do MEDIA DESK de España, que terá lugar un par de días antes do encontro.
Como novidade e grazas á colaboración da Deputación da Coruña, un xurado composto polo comité avaliador e máis os produtores presentes no evento concederá dous PREMIOS ECONÓMICOS. UN AO MELLOR PROXECTO, DOTADO DE 1000 EUROS, E OUTRO AO PROXECTO MÁIS INNOVADOR, DOTADO DE 500.
Os proxectos inscritos teñen que vir acompañados dunha documentación
mínima, dependendo do formato. Eis os requisitos:
-Curtametraxe: Guión completo dialogado e sinopse dunha páxina.
– Longametraxe: Tratamento (mínimo dez páxinas). Sinopse dunha páxina e
memoria/Dossier.
– Serie de TV: Biblia o Dossier e tratamento ou escaleta do primeiro
episodio.
– Documental: Sinopse explicativa e memoria (mínimo 10 páxinas).
Tedes toda a info relativa ao enconto neste dossier