A DEPUTACIÓN DA CORUÑA organiza en colaboración con AGAPI unhas xornadas formativas que levan por título ‘A produción audiovisual a debate’

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA organiza en colaboración con AGAPI unhas xornadas formativas que levan por título ‘A produción audiovisual a debate’

A Deputación de Coruña en colaboración con AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebrará o vindeiro xoves 21 de novembro, unhas xornadas dedicadas ao Audiovisual. Baixo o título A PRODUCIÓN AUDIOVISUAL A DEBATE trataranse temas como a distribución ou o papel das administracións nas axudas á produción.

Estas xornadas, organizadas pola Deputación de Coruña en colaboración con Agapi dentro do programa A CULTURA É UN DEREITO, terán lugar no Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na Praza das Praterías (Santiago de Compostela) en horario de 10.15 a 14:30h. Contarán cun programa moi completo e con ponentes de alto nivel.

As xornadas darán comezo o día 21 ás 10.15h e a inauguración correrá a cargo do Deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto e do presidente de Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes).

O primeiro relatorio (10.30-11.30h) O FINANCIAMENTO AUDIOVISUAL A DEBATE contará coa participación de Raimon Masllorens, presidente de PROA; Carlos Juárez, presidente de EPE-APV; Jesús Prieto, avogado e conselleiro de CREA SGR e o presidente de AGAPI.

A continuación, (12-12.30h), será a quenda do Representante de Cultura da Deputación da Coruña para falar sobre A POLÍTICA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NO APOIO AO AUDIOVISUAL GALEGO.

A mañá seguirá (12.30-13.30h) coa intervención de Dolores Meijomín, Coordinadora de política Audiovisual da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Beatriz Navas, Directora Xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e Silvia Anoro, S. X. de Fomento da Industrias Cinematográfica e Audiovisual Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) na mesa sobre O PAPEL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS NAS AXUDAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL.

Pecharán a xornada (13.30-14.30h) Ramiro Ledo, Númax; Lara Camiña, Bteam.; Silvia Lobo e Javier Asenjo, Elamedia e Enrique Costa, Avalon; para tratar os RETOS DA DISTRIBUCIÓN INDEPENDENTE.

A entrada ás xornadas é gratuíta. Prégase confirmación de asistencia no correo electrónico: prensa@agapi.gal antes do vindeiro 19 de novembro de 2019.

Descarga o programa

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies