3ª Edición do CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero da USC

3ª Edición do CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero da USC

Baixo o título, Cibersexismo. Violencia e Videoxogos, as xornadas céntranse desta volta nos eSports, un sector tradicionalmente asociado ao ocio masculino no que as mulleres veñen reclamando a súa voz como creadoras, xogadoras e comunicadoras. A edición decorrerá nos días 18 e 19 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. 

Organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da USC, esta edición do seminario conta fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade) e da Xunta de Galicia a través da convocatoria 2017 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies