Masterclass con Peter Tscherkassky

Masterclass con Peter Tscherkassky

Cinema feito a man

Durante máis de dúas décadas, levo facendo todas as miñas películas na sala escura, sen usar xamais unha cámara. Coloco a metraxe atopada directamente sobre celuloide en bruto e é exposto fotograma a fotograma, a man, empregando varias fontes de luz, como lanternas ou punteiros láser. De forma natural, este proceso manual deixa a súa marca sobre o material da película e queda inscrito nas propias imaxes: nótase que as películas resultantes son feitas a man. O encanto característico destas películas resulta da combinación dunha composición extremadamente precisa (respecto á metraxe escollida e á súa reorganización) co aspecto obviamente aleatorio do método de produción manual. Traballar cun punteiro láser ou con lanternas non permite nin uns tempos de exposición precisos nin unha dimensión exacta da forma das imaxes. O resultado é unha flutuación constante da imaxe durante a proxección, un recordatorio sempre presente da natureza manual do proceso de produción. A estas flutuacións visuais úneselles a inevitable presenza de lixo, pelo, rabuñaduras, etc., os cales pasan a formar parte da textura xeral da película. En poucas palabras: O proceso de produción está gravado en todas as imaxes das miñas películas de sala escura; este proceso preséntase a si mesmo en débeda cunha labor manual que emprega material analóxico que nunca podería ser intercambiado con ningún outro medio.

Esta é a miña reacción persoal á desaparición gradual do cine analóxico, á inminente perda da película, que está sendo reemplazada por imaxes en movemento xeradas dixitalmente, creadas por un ordenador.

A masterclass estará baseada nunha análise detallada da miña película Instructions for a Light and Sound Machine.

Máis info

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies