Agapi celebra o xoves o seu 25 Aniversario cunhas xornadas de debate pola mañá e unha gran festa para o sector audiviosual galego pola noite

Agapi celebra o xoves o seu 25 Aniversario cunhas xornadas de debate pola mañá e unha gran festa para o sector audiviosual galego pola noite

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) reafirma o seu compromiso de traballo para seguir sendo unha peza clave na unidade, consolidación e estabilización dun sector estratéxico como é o do audiovisual galego

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) cumpre 25 anos. Con tal motivo ao longo desta semana vanse celebrar en Santiago unha serie de actividades, de carácter social, formativo e divulgativo, nas que participarán destacados representantes do sector a nivel estatal.

O xoves pola mañá terá lugar unha xornada de formación e debate en torno á producción audiovisual na que participarán representantes das administracións provinciais, autonómica e estatal (entre eles Beatriz Navas, directora xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais, ICAA), xunto a asociacións, empresas e profesionais do sector, tanto de Galicia como do esto de España.

O xoves pola noite terá lugar unha gran festa na sala Capitol para socios e convidados do sector que contará coa actuación do grupo Broken Peach. O presidente de Agapi, Felipe Lage explica que “esta festa procura dous obxectivos. Por unha parte celebrar como cómpre estos 25 anos nos que a asociación foi unha peza clave para o desenvolvemento e fortalecemento do sector audiovisual galego. E, por outra, propiciar un espazo de encontro informal e distendido no que coincidamos por un día todos os actores do sector e no que poder establecer contactos, alianzas e incluso do que poidan xurdir ideas”.

Felipe Lage subliña a importancia que ten o feito de contar en Galicia cunha asociación forte como Agapi nun momento trascendental para o sector audiovisual como é o actual. “Nestes 25 anos Agapi foi unha peza fundamental para xerar interrelación entre todos os axentes do sector, incluidas as Administracións e as televisións. Hoxe estamos nun momento trascendental, cunha enorme calidade creativa, con importantes cambios no mercado e con novas oportunidades. Agapi reafirma o seu compromiso de traballo de cara a conquerir as ferramentas que posibiliten a necesaria consolidación e estabilidade do audiovisual galego ante este novo escenario e os retos que se nos plantexan”

PROGRAMA DO XOVES, 21 DE NOVEMBRO

De 10 a 14.30 h: Xornada formativa ‘A produción audiovisual a debate’, no Museo das Peregrinacións (en colaboración coa Deputación da Coruña)

20.30 h: Festa ‘25 anos de AGAPI’, na sala Capitol (con invitación)

XORNADA FORMATIVA ‘A PRODUCIÓN AUDIOVISUAL A DEBATE’

10.15 h.: Inauguración e benvida a cargo dun representante de Cultura da Deputación da Coruña e do presidente de AGAPI.

10.30 h.-11.30 h.- “O financiamento audiovisual a debate”:

– Felipe Lage, presidente de AGAPI.

– Raimon Masllorens, presidente de PROA

– Carlos Juárez, presidente da Asociación de Produtores Vascos EPE-APV

– Jesús Prieto, avogado e conselleiro de CREA SGR

12h-12.30h: “A política cultural da Deputación da Coruña no apoio ao audiovisual galego” a cargo dun representante da Deputación.

12.30h.-13.30h: “O papel das administracións públicas nas Axudas á produción audiovisual”:

– Dolores Meijomín. Coordinadora de política Audiovisual da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

– Beatriz Navas, Directora Xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA)

– Silvia Anoro, Sociedade de Xestión de Fomento da Industria Cinematográfica e Audiovisual Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA)

13.30h-14.30h: “Retos da distribución independente”

– Ramiro Ledo, Númax

– Lara Camiña, Bteam

– Silvia Lobo, Elamedia

– Enrique Costa, Avalon.

UN CUARTO DE SIGLO DE DESTACADOS FITOS

Ao longo destes 25 anos Agapi (asociación empresarial precursora do sector audiovisual galego. Agrupa produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos) tense destacado por contribuir activamente á consolidación e desenvolvemento da industria de Galicia.

Agapi foi a pioneira en organizar uns premios anuais, os premios Agapi, que se entregaron entre 1996 e 2001.

Dous anos despois, en 2003, a Asociación impulsou a creación da Academia Galega do Audiovisual, momento no que os premios pasaron a chamarse Mestre Mateo.

Nese mesmo ano, Agapi impulsou a creación do Clúster Audiovisual Galego. E un ano despois, e coa vista sempre posta na internacionalización, a Asociación organizou por primeira vez a presenza das produtoras galegas no MIPCOM de Cannes.

INTERLOCUTOR COA ADMINISTRACIÓN

Ao longo destes 25 anos Agapi foi -e sigue sendo- interlocutor activo de cara as administracións e televisións tanto galegas como estatais. A asociación organiza periodicamente seminarios e xornadas de formación especializada centradas en aspectos creativos, innovadores e tecnolóxicos. A súa vez elabora un anuario que serve como base de multitude de traballos de investigación.

Agapi tivo especial relevancia política nos últimos anos, formando parte activa no proceso de elaboración para a aprobación da nova Lei Estatal do Cine (Lei 55/2007), sendo a única asociación de empresas independentes convidada a comparecer no Congreso dos Deputados. Recentemente tamén formou parte da Comisión Mixta para a elaboración do novo modelo de cine. Actualmente traballa de forma activa co resto de Asociacións de Produtoras Independentes do Estado nun novo modelo de financiamento audiovisual (FASA).

A asociación colabora activamente con outras entidades como a Universidade de Santiago de Compostela e forma parte da Xunta Directiva da Asociación Culturgal entre outras.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies