Autor: agapi

VENTURA anuncia os proxectos internacionais que participarán no seu foro de coprodución 

Organizada pola Asociación Cultural Enfoques, responsable do festival de cinema internacional Play-Doc, VENTURA é unha nova plataforma para cineastas e produtores de todo o mundo que centran o seu labor na realización de películas independentes cunha forte visión artística.  VENTURA desenvólvese ao longo do ano en tres etapas diferenciadas, dedicadas …

Agapi organiza unhas novas xornadas formativas en colaboración coa Deputación de Pontevedra, baixo o título: “Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado pendente”

A Deputación de Pontevedra, desde a Escola de Igualade María Vinyals en colaboración con Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes), organiza unha mesa de debate, que terá lugar o vindeiro martes 28 de febreiro, dedicada a analizar aspectos relacionados coa conciliación na produción audiovisual da man de voces tan destacadas …

‘As Neves’, película producida por Cósmica Producións participará no Work in progress do Festival de Málaga

A sexta edición de Málaga Work in Progress, unha das seccións de MAFIZ (Málaga Festival Industry Zone), destinado a producións españolas, portuguesas e latinoamericanas en fase de postproducción, celebrarase do 13 ao 17 de marzo. Dezaseis películas de dez países presentaranse ante unha audiencia de profesionais acreditados no Festival de …

‘Rapa’ e ‘O corpo aberto’ acaparan as candidaturas finalistas dos XXI Mestre Mateo

Os académicos Esther Estévez, Iolanda Muíños e Xosé A. Touriñán foron os encargados de dar a coñecer os nomes dos proxectos e profesionais finalistas da XXI edición dos Premios Mestre Mateo, desde o museo MEGA Estrella Galicia. A primeira rolda de votacións sitúa a Rapa como a produción máis votada …

Abano Producións gaña o Goya á Mellor Película de Animación polo filme ‘Unicorn Wars’

‘Unicorn Wars’, película producida por Abano Producións e dirixida por Alberto Vázquez vén de gañar o Goya á Mellor Película de Animación na 37º edición dos Premios celebrados o sábado 11 de febreiro en Sevilla. Trátase dun potente drama antibelicista, ‘UnicornWars’ é unha reivindicación do cinema de animación tamén para …

Simone Saibene (Noveolas Producións), unha historia de amor con Galicia e o seu cine

Detrás de Noveolas Producións atópase o polifacético Simone Saibene, italiano de nacemento pero galego de adopción e corazón. E é que a relación de Simone con Galicia e o cinema galego é unha historia de amor a primeira vista. Aínda que esta road movie conta con moitas curvas nas que …

AGAG organiza un curso de interpretación para actores, actrices, guionistas e directores/as

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), organiza o curso de interpretación “Do guión á rodaxe”, dirixido a actores, actrices, guionistas e directores/as. Con esta actividade búscase atopar un espazo común de comunicación e traballo dende os tres puntos de vista. Actores, actrices, guionistas e directores/as traballan na mesma maquinaria: …

Xa se coñecen os finalistas na XXI Edición dos Premios Mestre Mateo

A serie ‘Rapa’, cun total de 19 candidaturas, e a película ‘O Corpo aberto’, con 16, son as dúas grandes favoritas da XXI edición dos Premios Mestre Mateo, que se entregarán o 11 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense. Os finalistas déronse a coñecer este martes nun acto celebrado …

‘Slow’, coproducida por Frida Films e dirixida por Marija Kavtaradve gaña o premio á mellor directora no Sundance Film Festival

A película ‘Slow’, coproducida por Frida Films con M-Films, Garagefilm International AB e Film Stockholm e dirixida por Marija Kavtaradve, vén de gañar o premio á mellor dirección no Sundance Film Festival. ‘Slow’ é un drama con pinceladas románticas sobre a constante procura da proximidade, o medo ao amor e …

Miramemira e Matriuska Producións, empresas asociadas a AGAPI, chegan coas súas producións á Berlinale

Miramemira, produtora de ‘Sica’ e Matriuska Producións, produtora de ‘Matria’ vivirán nuns días un acontecemento único. Por primeira vez dous títulos de produtoras galegas e en galego chegan no mesmo ano a estrear nun dos Festivais máis importantes do mundo, a Berlinale. Todo un orgullo para a produción independente. O …