‘Unicorn Wars’, película producida por Abano Producións e dirixida por Alberto Vázquez vén de gañar o Goya á Mellor Película de Animación na 37º edición dos Premios celebrados o sábado 11 de febreiro en Sevilla.
Trátase dun potente drama antibelicista, ‘UnicornWars’ é unha reivindicación do cinema de animación tamén para adultos, cunha coidadosa creación artística e un contido que xoga cos xéneros do cinema bélico e o drama, engadindo elementos fantásticos e certo sentido do humor.
O exército osiño adoutrina a novos recrutas para a guerra que libran contra os unicornios e ameaza a seguridade do pobo osiño. Os irmáns Azulín e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico. Estarán os osiños preparados para iso? Unha alegoría que afonda ata a esencial do mal, percorrendo os territorios do enfrontamento ancestral entre homes e mulleres, entre o ben e o mal.