Miramemira e Matriuska Producións, empresas asociadas a AGAPI, chegan coas súas producións á Berlinale

Miramemira e Matriuska Producións, empresas asociadas a AGAPI, chegan coas súas producións á Berlinale

Miramemira, produtora de ‘Sica’ e Matriuska Producións, produtora de ‘Matria’ vivirán nuns días un acontecemento único. Por primeira vez dous títulos de produtoras galegas e en galego chegan no mesmo ano a estrear nun dos Festivais máis importantes do mundo, a Berlinale. Todo un orgullo para a produción independente.

O Festival Internacional de Cine de Berlín celebra este ano a súa edición número 73. Terá lugar na cidade alemá entre os días 16 e 26 deste mesmo mes de febreiro.

📽 ‘Sica’, ópera prima de Carla Subirana e producido pola empresa asociada a Agapi, Miramemira, xunto con Alba Sotorra, Zuzú Cinema e Amorambre Films, terá a súa estrea na sección Generation. ‘Sica’ explora o papel das mulleres nunha sociedade marcada pola ausencia e polos compases dun océano asolagado ao mesmo tempo de vida e de morte.

📽 ‘Matria’, ópera prima de Álvaro Gago producida pola empresa socia de Agapi, Matriuska Producciones, xunto con Avalon P.C, Elastica Films e Ringo Media, estrearase na sección Panorama. Alí proxectarase a historia de Francisca Iglesias, a muller que coidou ao seu avó e cuxa historia transcende o xeográfico, as Rías Baixas, para instalarse na universalidade e desafía a individualidade para abrir unha singradura colectiva, unha contestación ao relato asentado e irreal dun suposto matriarcado galego.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies