A película ‘Slow’, coproducida por Frida Films con M-Films, Garagefilm International AB e Film Stockholm e dirixida por Marija Kavtaradve, vén de gañar o premio á mellor dirección no Sundance Film Festival.
‘Slow’ é un drama con pinceladas románticas sobre a constante procura da proximidade, o medo ao amor e a estar só. Elena dá clases de danza mentres Dovydas traballa como intérprete de lingua de signos. Tras coñecerse establecen unha forte conexión. Unha relación que se poñerá a proba cando Dovydas confésalle a Elena que ten sentimentos por ela pero que é asexual e nunca sentiu desexo sexual cara a outra persoa.